Galicia en goles

Blog que conta as miñas experiencias no programa "Galicia en goles" da Radio Galega

13 mayo 2007

Programas 12/13 - 05 - 2007

Boas a tod@s. Outra semana máis estamos preparados para vivir a emoción desta apaixoante liga, para seguir aos nosos equipos ao longo da xeografía español, para escoitar goles, para escoitar Galicia En Goles. Pero antes de comezar recapitulemos.

Esta semana vivimos a volta das semifinais da Copa do Rei. O mércores o Deportivo buscaba remontar no Ramón Sánchez Pizjuán o 0-3 da ida pero os de Caparrós non só non lograron a épica senón que perderon ante o poderoso Sevilla (2-0). Polo tanto acabase o soño da Copa para os blanquiazuis.

O xoves decidiuse a segunda semifinal, onde ardeu o Alfonso Pérez (de forma literal eh xD). O Barcelona contaba cunha vantaxe ampla (0 5-2 da ida con aquel famoso gol de Messi), pero o Xetafe saiu convencido de ir a pola milagre e os azulóns xogaron un partidazo logrando algo que parecía imposible (4-0). Os de Schüster buscaran dar outra badalada na final ante o Sevilla.

E agora si, xa nos metemos a repasar o sábado, o comezamos polo F.S. En Lugo vivimos un derbi en Lugo entre o Azkar e o Cometal Celta (xa descendido) os lugueses foron mellores e leváronse a vitoria (5-2). E peores novas chegaban coa derrota do Lobelle (9-6) en Móstoles que o deixa sen opcións de entrar no play-off.

E loitando por entrar na máxima categoría dous equipos galegos na promoción de ascenso. Onte fixemos pleno, o Coinasa Ourense derrotaba na casa ao Bilbo (5-4) mentres que o Leis Pontevedra gañaba a domicilio ao Ocaña (7-8). Os dous suman o primeiro punto do play-off.

No balonmán vivimos unha xornada de derbis moi emocionante. En Vigo o Octavio Pilotes Posada e o Teucro de Pontevedra xogábanse o título de liga, o empate (27-27) deulle o título aos locais, por sorte o ano que vén veremos este derbi na Liga Asobal. E na Coruña OAR vencía con relativa facilidade ao Cangas (30-25).



Despois comezou a xornada na liga das estrelas. Partidazo no Bernabeu, non polas defensas nin polo xogo, pero si pola emoción os goles e as gañas que lle puxeron os dous equipos. Os pericos comezaron gañando o encontro cun gol do rifle Pandiani, pero Van Nistelrooy igualaba o encontro, o rifle picouse e galifou dúas veces máis colocando o 1-3 ao descanso. O Madrid tiña que acudir a épica, se perdía o encontro perdería o tren da liga. No 48 Raul puxo a primeira pedra co 2-3, Reyes que revoluciounou o encontro puxo as táboas, e no 89 Higuaín colocou o 4-3 no electrónico e provocou o delirio no Bernabeu. Os brancos colocanse líderes e pasanlle a presión ao Barça.

Dende as 22:00 no Pizjuán o Sevilla buscaba non perder comba e seguir sendo o terceiro en discordia pola loita no liderado. E os hispalenses non erraron e venceron no derbi ao sorpredente Recreativo de Huelva (2-1) que recordamos que está a un pasiño de meterse en europa.

No descanso de este encontro, Xoán Laxes (Adestrador do Arousa) fixo a quiniela do famoso que a podedes consultar no blog da Peña quinielística de GnG (http://gng-1x2.blogspot.com).



O domingo comezou coa xornada matinal na 2ª división B. A xornada foi propicia para os galegos, vivindo a vitoria do Pontevedra no campo do Cobeña (0-1) e o empate do Celta B na súa visita ao Pájara Playas (1-1).


E dende as 14:00 h en Montmeló a emoción da Fórmula 1. A carreira deciudiuse como sempre na saída e nas primeiras voltas. Fernando Alonso arriesgou dende na salida buscado superar a Massa polo exterior e colocarse primeiro pero o asturiano probou a herba perdendo 2 posicións.


Unhas voltas despois a Raikkonnen que iba terceiro falloulle a mecánica e tivo que abandoar permitindo a Fernando coller praza no podium. Isto xa non se movería ata o final, gañou Massa, seguido de Hamilton que queda como líder en solitario do mundial.

A xornada da 2ª B continuou pola tarde. O Racing de Ferrol deunos a alegría coa súa vitoria (1-0) ante o Leganés, que o aupa a cuarta plaza que da entrada aos play-off de ascenso. O Lugo tamén ganou con facilidade na casa ao Fuenlabrada (3-0). E Ourense achégase perigosamente aos postos de descenso tras perder en Alcorcón (1-0).


E dende as 17:00 o Celta xógabase boa parte da salvación en Balaídos. Os vigueses viviron un roubo a man armada nos primeiros corenta e cinco minutos cun penalti que inventou Rubinos Pérez, por un suposto agarrón de Tamas que se atopaba a un metrro do dianteiro do Levante, Reggi non errou dende os 11 metros. Na segunda metade e nunha xogaba illada o Levante colocou o 0-2 e o Celta só logrou reducir distancias co gol de Baiano. En ataque o Celta errou ocasións imposibles, e o descenso está moi preto dos celestes.


Mentres na Catedral, o Depor que xa non se xoga nada logrou un empate ante o Athletic de Bilbao. Os blanquiazuis comezaron perdendo cun gol trala saída dun corner, mentres que Riki de falta colocaba as táboas no electrónico (1-1).

Por esas horas Rafa Nadal sumaba e seguía. Voltaba a gañar outro Masters Series en terra neste caso o de Roma (que o gaña por 3º ano consecutivo) derrotando na final ao chileno Fernando González. Agora o manacorí xa leva 77 vitorias seguidas en Terra e Roland Garros está xa no seu punto de mira. Continuamos a repasar a xornada de liga polo Camp Nou. O Barcelona debía de gañar para continuar de líder e espantar as pantamas de Xetafe; os azulgrana comezaron moi ben o seu encontro ante o Betis adiantandose cun gol de penalti de Ronaldinho e os minutos ían pasando sen matar o encontro. No último minuto nun fallo momumental da zaga e do porteiro local Sobis deulle o empate ao Betis (1-1) e o liderado da liga ao Real Madrid. A sorpresa da xornada.
E dende as 22:00 h pechouse a xornada coa vitoria do Valencia ante o Zaragoza (2-0) nun bo partido dos ches. Con esta os de Quique achéganse ao Madrid e sempre lle pode quedar algunha opción de título, pero o mellor e que xa se aseguraron a súa praza Champions.

E paseniño, paseniño rematou GnG. A semana que vén máis.....e mellor.

Saúdos de Gonzalo e Racinguista.