Programas 14/15 - 04 - 2007
E comezamos esta viaxe en Torrejón onde o sábado ao mediodía abríase a xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala. O Carnicer e o Azkar nun apaixoante partido deron espectáculo e remataron repartíndose os puntos (5-5). Xa pola tarde o Celta non puido facer nada ante a máquina verde do Boomerang Interviú e perdeu nas Travesas (2-6). A nota positiva da xornada chegou dende Santiago onde o Autos Lobelle gañaba de forma cómoda ao MRA Navarra (4-1).
E continuamos a repasar este polideportivo polo balonman. O Octavio Pilotes Posada continúa achegándose ao ascenso, onte vapuleo ao Barakaldo (26-17). Nas mesmas está o Teucro que onte vencía a domincilio ao Costa Blanca (31-36). OAR continuaba a boa xornada derrotando pola mínima ao Huesca (32-31). A peor nova chegaba coa derrota do Cangas ante o Cidade Encantada (30-23).
E a tarde do sábado continuou coa emoción da primeira co Racing-Real Madrid. Os brancos adiántaronse no marcador co gol de Raul e colocábanse de líderes. Pera na segunda parte o Racing dispuxo de 2 penaltis discutidos que Garay o defensa goleador executou a perfección (2-1). 
E pasamos a xornada do domingo que comezou cunha interesante mañan de fútbol na 2ª B. As novas non foron moi novas en Madrid onde o Celta B recibía unha goleada ante o Alcorcón (4-0). Tampouco chegaban boas novas dende o Couto coa derrota do Ourense ante o Universidade das Palmas (1-2). As mellores novas dende as illas onde o Lugo vencía ao Orientación Marítima (1-2).
E pola tarde continuou a xornada na segunda B pero neste caso foi completa para os galegos. O Racing de Ferrol gañaba por goleada ao Racing B (3-0). E tamén con comodida o facía o Pontevedra ante a Ximnástica(0-2).
E dende as cinco Balaídos vestiuse de gala para o gran derbi. A mellor entrada da temporada polo efecto Stoichkov ou como dixo Reboreda no chat "Montouse un Hristo de carallo" (xDD).
No encontro o Celta saliu a por todas e tivo numerosas ocasións no primeiro tempo, pero non chegou o gol. Na segunda metade os de Caparrós estiráronse máis pero o gol caiu do lado dos locais por mediación de Baiano (1-0). Logo o Depor achuchou pero non chegou o empate. Con esta vitoria os celestes saen de postos de descenso.
E a xornada da primeira continuou as 19:00 h co Barcelona-Mallorca onde os locais sacaron o rendemento a xornada. Co gol dos baleares no último minuto en propia porta e as derrotas de todos os seus rivais por vencer a liga sacan 3 puntos de ouro nesta xornada.
E dende as 21:00 h o partidazo da xornada. Dous goles de Villa colocaron ao Valencia moi ben e deixaron tocado ao Sevilla de Juande (2-0). Así os de Quique levántanse do revés da Champions.
E así rematou a fin de semana.
Saúdos de Gonzalo e Racinguista.
