Galicia en goles

Blog que conta as miñas experiencias no programa "Galicia en goles" da Radio Galega

10 abril 2007

Programas 07/08 - 04 - 2007

Boas a tod@s nesta fin de semana, na que algúns xa están disfruntando dos seus últimos días de vacacións... pero o que non para é a emoción do deporte nas súas diversas categorías. Así que ala imos:

Empezemos polo polideportivo; no que respecta ao mundo do futbol sala, houbo de todo:

O Azkar lle gañaba ao pozo de Murcia (5-2); o Celta f.s. sucumbía en Castellón ante o Praias (5-1); E por último o Lobelle empataba a domicilio diante do Guadalaxara (3-3).

No Basket, comezamos pola categoría feminina: O Extrugasa perdía a domicilio diante do Burgos (81-77); o Ensino gañaba en Madrid fronte ao Estudiantes (65-79) e no partido da xornada o Vigourban, vencía en Ibiza ao Sta Eulalia (54-60). Con este resultado as de Vigo evitan o descenso de categoría, aínda que se o perderan, as do Ensino botáronlle unha man gañando ao Estudiantes, por se o Vigourban non era quen de gañar o seu encontro.

Na categoría masculina salientaremos a importante victoria do Breogan en Gijón ante o Calefacciones Farho (66-71). Con este resultado os de Lugo, teñen opciones de meterse nos play off de ascenso.

Tamén no Basket, dicir que este fin de semana se disputou a Vilagarcía Basket Cup. A final foi entre o Unicaja e o Barreirenses, sendo a victoria final para os de Málaga (84-79).

Tamén salientar, que esta Basket Cup levantou moita espectación como se pode ver. Mesmo persoaxes ilustres do mundo do basket, como Epi, se acercaron para ve-las evolucións destes novos valores. Deixando o polideportivo, metémonos xa de cheo na xornada de fútbol.

A abrimos dende Balaídos. Alí ás 17:00h. xogaba o filial celtiña diante dun rival directo como é a Ximnástica de Torrelavega. Os de Sáez gañaron con solvencia (3-1) saindo así dos postos de descensos.
Xa ás 20:00h. dende a Romareda medianse o Zaragoza e mailo Barça. O partido foi bastante igualado, e nun barullo dentro do area, Diego Milito marcaría o único gol do partido. A partir de ahí, o Zaragoza xogou a favor de marcador (1-0). Novo tropezo do Barça, do que se poden beneficiar Sevilla e R. Madrid. Ás 22:00h. dende San Mamés, o Ath. de Bilbao era quen de gañarlle ao Valencia, cun gol de Gabilondo de tacón (1-0). Os de Quique, nunca saíron enchufados e estaban pensando máis no partido de volta da Champions, o vindeiro Martes. Con este resultado, os bilbainos saen do descenso en detrimento do Celta, a expensas do que faga mañán.
Hoxe Domingo, madrugamos para ve-la carrera de f1, en Malasia no circuito de Sepang.
Onde xa na saída, a carreira se puxo moi de cara para Alonso xa que adiantou a Massa na primeira curva. Hamilton adiantou a Raikonnen tamén na primeira curva e 2 ou 3 mais adiante a Massa. Massa intentou pasar a Hamilton mentres Alonso se ía pero o único que logrou o de Ferrari foi sairse fóra na volta 5 e pasar a 5ª posición onde remataría a carreira.
Alonso moi cómodo ata o final gañou a carreira. O segundo posto de Hamilton só se viu ameazado por Raikonnen nas últimas voltas pero o escudeiro de Alonso completou o dobrete de Mclaren.
O finés Raikonnen foi o primeiro Ferrari pero se tívo que conformar có último escalón do podium. Os do cavallino rampante perderon unha carreira que pola clasificacion do Sábado tiñan gañada.
Ás 12:30h. xogaba o Ourense en Lanzarote. O partido estivo igualado, pero nuns minutos os das Burgas, botaron todo o traballo pola borda ao encaixar dous goles que romperon a igualada (3-1).Seguindo coa 2ªB, ás 17:00h. o Rácing volvía defraudar perante os seus aficcionados, ao empatar de novo có Orientación (0-0). Este partido foi a volta dos VEIGAS á Malata que foron recibidos con indiferencia...

E ás 18:00h. dende Pasarón, Pontevedra e Puertollano asinaban un empate (0-0) que lles serve aos dous para seguir entre os 4 primeiros. A nota predominante deste encontro, foi o respeto que se tiñan os dous equipos.

Subimos dúas categorías e imos a Riazor, onde alí o Dépor lle gañou ao Nástic pola mínima.

O partido foi igualado, pero os de Caparrós tiveron maior efectividade e só uha xenaliedade do canteirán Iago que clavou na escadra de Bizarri unha dudosa falta sobre Estoyanoff, deulle os 3 ptos aos locais (1-0).

Tamén ás 17:00h. dende o Novo Colombino o Celta sucumbía ante o Recre. A mala defensa celeste e o acerto do rumano Rosu lle complican a existencia en primeira.
O 1-0, chegou tras un penalti de Contreras a Uche que errou Sinama pero Rodríguez Santiago, o colexiado do encontro, viu a entrada de Placente antes de tempo, polo que mandou repetir a pena máxima que esta vez sí que marcaría Jesús Vázquez.

Tra-la reanudación, chegou o empate do Celta, como non de penalti. Nesta ocasión de Barber a Canobbio. Nené non errou.

A partir de aquí Rosu, se convertiu no protagonista. Primeiro mandaba á rede un certero derechazo e dous minutos despois poñía o 3-1. Nené non quiso ser menos e volveu a marcar pero non valeu para nada porque Cheli cerrou o partido para os locais (4-2). Con este resultado o Celta se mete en postos de descenso.

Nun intento de saca-lo equipo a flote, a xunta directiva destituiu ao adestrador, Fernando Vázquez, e ficha ao exfutbolista do Barça, Hristo Stoichkov.
Tamén destacaremos a nova ocasión perdida polo Sevilla, para poñerse de líder, ao empatar fronte ao Rácing de Santander. E é que Juande reservou os titulares para o compromiso fronte ao Tottenham, aínda así o Sevilla domiñou o partido pero lle faltou pegada de cara a gol (0-0).

Ás 19:00h. dende o Santiago Bernabeu, o R. Madrid gañaba a un Osasuna pragado de baixas por mor do seu compromiso europeo. O partido non tivo moita historia, a que nos ten acostumado o R. Madrid ultimamente, mal xogo e a aproveitar os erros do rivais. Neste encontro non foi menos, marcaron Raúl e Robinho asinando así unha victoria que deixa ao R. Madrid a dous ptos do Barcelona. E por último ás 21:00h. a última función dende o Madrigal. Onde o Villarreal perdía contra o Atlético de Madrid, cun gol de Eller. Gol que dará moito que falar, porque para uns non é unha xogada limpa, para outros si...

Pese a isto, o Atlético gañou con todo en contra. Tardou medio día en chegar a terras castellonenses, con outro susto incluido no segundo intento do desprazamento. Ademáis nunca gañara en Villarreal, nin conseguira os 3 ptos con Muñiz Fernández de colexiado. Aguirre tampuco sabía o que era vencer no Madrigal. E por último, nesta xornada non había ningún triunfo a domicilio. Ao final do encontro, victoria rojiblanca: Así é o Atlético... E así remata outra xornada máis. Que teñades unha boa semana.

Saúdos de Racinguista e Gonzalo.