Galicia en goles

Blog que conta as miñas experiencias no programa "Galicia en goles" da Radio Galega

17 marzo 2007

Programas 17/18 - 03 - 2007

Boas a tod@s, de novo estamos aquí para vivir a emoción da fin de semana, dos goles e de Galiciaengoles.

Durante esta semana vivimos moitas emocións coa Copa da Uefa. As peores novas chegaron coa eliminación do Celta tras perder en Alemaña ante o todopoderoso Werder Bremen (2-0). De novo o árbitro luciuse e se os dous partido foran arbitrados dunha forma decente ao mellor outro galo cantaría para os celtiñas
Pola súa banda chegaronnos alegrías dende o Reyno de Navarra e dende Montjuic onde Osasuna e Español sellaban o seu pase a cuartos deixando apeados a Rangers e Macabbi Haifa respectivamente. E en Ucraína o Sevilla clasificabase de forma heroica tras un gol de Palop o seu porteiro na prolongación para forzar a prórroga onde os hispalenses marcaron o gol decisivo.
E dende o xoves vivimos a Copa do Rei do fútbol sala en Lugo. O Azkar que actuaba de anfitrión fallou en cuartos e quedou apeado do torneo perdendo ante o Carnicer (2-4).
E tamén en cuartos quedaba apeado o Lobelle ante un dos favoritos o Pozo Murcia Turístico aínda que os de Pulpis que buscaban revalidar título mereceron a vitoria (4-3).
Xa na xornada do sábado desputáronse as semifinais do torneo. Na primeira o Boomerang deulle un baño espectacular ao Carnicer (6-0). Na segunda semifinal o Pozo impuxo a súa autoridade sobre o MRA (5-3)
E a tarde no fútbol galego deixounos unha derrota do Ourense no Couto ante o Atlético de Madrid B (0-1). Unha pena xa que os galegos fallaron un penalti.
E comezamos a repasar o polideportivo galego polo balonman onde pouco a pouco o Teucro e Octavio van logrando certificar os ascensos e hoxe lograron 2 vitorias moi importantes. Os de Vigo venceron na súa visita a Alcobendas (27-28). E os de Pontevedra venceron a domicilio ao Grupo Sigarci (29-31). No Barrio das Flores OAR da Coruña gañaba con facilidade ao Anaitasuna (32-27). E quedamonos sen pleno de milagre xa que o Cangas empatou no Gatañal ante o Pozoblanco (20-20).
No basket feminino o Extrugasa perdía na casa ante o Ros Casares (69-78). No Volley o Vigo Valery Karpin vencía ao Teruel (3-1) mentres que o Ribeira Sacra sucumbía ante o Gran Canaria (3-1).
E no hoquei o Liceo gañaba comodamente ao Mataró (7-1). Mentres que o Vigo Stick lograba sacar un empate na casa ante o Alcoy (3-3).
E pasamos a repasar a xornada da 1ª que comezou as 18:00 h en Mestalla cun atractivo Valencia-Racing onde non se demostrou a situación clasificatoria xa que o os cántabros amargáronlle as fallas aos locais (0-2).
Dende as oito pasou un vendaval de bo fútbol chamado Barcelona polo Colombino deixando ao Recre en panos menores (0-4). O Barça voltou a ser o de tempadas anteriores.
E a mesma hora o Mallorca tomaba aire marcandolle dous goles ao Betis nos 2 primeiros minutos de encontro que foron decisivos (2-0).
Na catedral dende as 22:00 afúndiase o Athletic de Bilbao tras caer goleado ante un espectacular Osasuna que os deixa moi tocados e continúan outra semana máis en descenso (0-3).
O domingo comezou moi mal para os intereses galegos coa derrota do Celta B no campo do Universidade das Palmas (3-0). O Pontevedra tamén caia derrotado nas Canarias ante o Lanzarote (3-1). E as mellores novas chegaban co empate do Lugo ante o San Sebastián de los Reyes (0-0).
E a tarde do domingo comezou co seguimento da final da Copa de España en Lugo onde se proclamou campión o Boomerang Interviú despois de derrotar ao Pozo Murcia Turística (8-4) e sucede así ao Autos Lobelle que era o último campión.E dende as 17:00 h seguimos en Vallecas na 2ª B un interesante Raio Vallecano-Racing de Ferrol que rematou cun empate sen goles (0-0) pero foi un partido entretido e houbo varias ocasións para que ambos equipos se levaran o encontro.

Tamén dende as cinco o Depor recibía ao Xetafe na 1ª división. Os de Caparrós quedaronse con 10 trala expulsión de Arizmendi, pero Barragán deulle a vitoria aos blanquiazuis cun tiro lonxano (1-0).Do resto de partidos das cinco destacaba un interesantísimo Zaragoza-Atlético. Na Romareda venceron os maños cun gol do seu artilleiro Diego Milito (1-0).

E dende as 19:00 h a segunda función no Bernabeu co Real Madrid-Nástic de Tarragona. Os de Paco Flores xogaron case todo o encontro con 10 e non poderon aguantar o empate máis que na primeira metade e na segunda cairon recibiron os goles de Robinho e Raúl (2-0).Dende as 21:00 h o Celta buscaba sacar petróleo no Pizjuán ante o Sevilla. Os de Vázquez aguantaron os primeiros corenta e cinco minutos co resultado inicial. Pero na reanudación Kanuté de penalti puxo as cousas no seu sitio e no desconto Kerzhakov colocou a setencia, con isto os celtiñas seguen na zona complicada da táboa.E así rematou GnG. A semana que vén máis e mellor.

Saúdos de Gonza e Racinguista.