Galicia en goles

Blog que conta as miñas experiencias no programa "Galicia en goles" da Radio Galega

10 febrero 2007

Programas 10/11 - 02 - 2007

Boas a tod@s, neste fin de semana que pode ser definitivo para algúns adestradores...

Pero vaiamos por partes: o Mércores xogaba a selección española de fútbol, no estadio de Old Trafford fronte a Inglaterra. Os de Luis Aragonés gañaron e convenceron cun golazo do barcelonista Iniesta (0-1).

O Venres e na Copa Davis de tenis, Verdasco (o que sustituía a Nadal por lesión) perdeu ante Chiudinelli no primeiro partido.
Máis tarde Ferrer igualaba as cousas tras vencer ao Suizo Bohli.

No que foi a xornada xa do fin de semana, dici-los seguintes marcadores polo que respecta ao fútbol sala.

Nas travesas, o Celta f.s. empataba fronte ao Carnicer Torrejón (1-1). O mesmo facía o Azkar a domicilio diante do Gestesa Guadalajara (2-2). Peor sorte correu o Autos Lobelle, os galegos perderon en terras mañas, por un resultado abultado (9-1).


En Basket, o Breogán gañaba ao Burgos (88-77).

Mentres que na categoría feminina e no derbi desputado en Lugo, entre o Ensino e o Celta Vigourban, a victoria quedouse para as locais (69-66). Pola súa banda o Extrugasa, caía en Irún, Fronte ao Hondarribia (59-55).

En canto á copa do rei de baloncesto, dicir que hoxe se xogaron as semifinais no Martín Carpena de Málaga.

A primeira semifinal foi un duelo catalán entre o DKV e o Barça. O partido levaba cor branquinegra durante os dous primeiros cuartos, ata que no terceiro tomaron as rendas do barça Trias e a "bomba" Navarro que desequilibraron o encontro cun parcial de 18-0 e os de Ivanovic leváronse o gato a auga (70-84).

Despois a outra semifinal, o que se decía que ía se-la final anticipada. O Tau comezou moi enchufado o encontro cun gran Luis Scola e mantivo ventaxes durante todo o encontro pero nunca foi quen de distanciar a un sempre perigoso Madrid, que liderado por Felipe Reyes e Bullock mantíñase vivo. No último cuarto e a falta de poucos minutos Bullock puxo por primeira vez por diante ao Madrid que foi quen de manter esa renda ata o final e os de Plaza convertianse no 2º finalista (72-74).

En Balonmán seguen a chegar boas novas:

Destaca-las victorias a domicilio do Frigoríficos e do Teucro, perante o Anaitasuna (24-27) e Barakaldo (23-26), respectivamente. Así como tamén a victoria, na súa cancha, do Pilotes ante o Cidade Encantada (30-25). Non menos bó foi o empate conquerido polo OAR da Coruña fronte ao Costa Blanca (25-25).
En Hockey, o Liceo e o Noia empataban o seu partido (2-2). Mentres que o VigoStick perdía có Barça (1-3).
No Volley, os nosos representantes seguen na senda de malos resultados:

O Valery Karpin perdía ante o Jusan Canarias (0-3). Na categoría feminina, o Ribeira Sacra facía o mesmo contra o Universidade de Burgos (1-3).

Na Copa Davis, salienta-lo partido de dobres. O equipo español, formado pola parella Verdasco, Feliciano López gañou á parella helvética formada por Marco Chiudinelli eYves Allegro, tras cinco horas de duracción no quinto set. Adiantando así á escadra española (2-1).

Ás 20:00h e xa en fútbol na máxima categoría e dende Anoeta, asistiamos ao Ultimatum a Fabio Capello. Os donostierras adiantáronse no electrónico, pero Beckam, o apartado do equipo, empatou para os visitantes, e Van Nistelrooy daballe volta ao marcador salvando polo momento a cabeza do italiano. Ás 22:00h e no Lopera Stadium, derbi sevillano por todo o alto entre o Betis e o Sevilla. Ao final o resultado inicial non se moveu (0-0). Hai que lamenta-los incidentes entre as directivas de ámbolos dous conxuntos.
Ao remate deste encontro, fixo a quiniela desta semana Ramiro Sorbet, adestrador do Cerceda.


Hoxe Domingo, empezamos a xornada pola 2ª B, cós encontros das 12:00h. Onde o Pontevedra que xogaba en Fuenlabrada, perdeu có equipo local pola mínima (1-0). No Anxo Carro, o C.D. Lugo conquería un empate. que sabe a pouco, ante o universidade das palmas (1-1). O filial do Celta, sacaba un punto da súa visita a Leganés (1-1).

Ás 17:00h estivemos atentos ao derbi da Malata, entre o Rácing de Ferrol e o ourense. O encontro tivo clara cor verde. Os departamentais gañaron pola mínima (1-0). Con este resultado están cada vez máis cerca dos postos de play-off. No que se refire á 1ª división, asistimos en Balaídos á devacle do Celta que caía derrotado ante o Español (0-2). Con este resultado os de Fernando Vázquez se meten en postos de descenso. Mellor sorte tivo o Deportivo, no Madrigal, gañándolle ao Villarreal (0-2). Os de Caparrós confirman a súa melloría.

De volta á Copa Davis, Verdasco logrou o terceiro punto que lle facía falta a España, tras vencer a Stephane Bohli.

Hoxe disputouse a final da copa do rei de basket, entre o Madrid e o Barça. O favorito parecía o Madrid pero saiu desenchufado e o Barça pillou unha renda de 16 puntos no primeiro cuarto que foron letais. Os de Dusko Ivanovic fixeron os seus ataques máis longos ata o final e sacaron de quicio ao Madrid que non foi quen de darlle a volta ao encontro (53-60). Dicir que o mvp do trofeo foi o xogador do Barça Jordi Trias.
Ás 19:00h dende o Nou Camp, o Barça vencía ao Rácing de Santander con dous tantos de Ronaldinho (2-0).
E para rematar a xornada, asistimos á victoria do Atlético de Madrid no Vicente Calderón, diante do Ath. de Bilbao cun gol do "Kun" Aguero (1-0).
E así remata unha fin de semana cheo de emoción e de actividade deportiva.
Que teñades unha boa semana.

Saúdos de Racinguista e Gonzalo.