Galicia en goles

Blog que conta as miñas experiencias no programa "Galicia en goles" da Radio Galega

20 enero 2007

Programas 20/21 - 01 - 2007

Boas amigos, ¿que tal a semana? esperemos que ben e que esteades preparados para vivir a emoción deportiva da fin de semana, pero antes de meternos de cheo no sábado repasemos a actulidade deportiva da semana que estivo moi movidiña.

O mércores houbo especial GnG para seguir a volta da Copa do Rei onde o Deportivo logrou o pase a cuartos tras empatar en Riazor ante o Mallorca e así fixo valer o 1-2 que tiña da ida no Ono Estadi.

E a semana ía moi ben no Rally Lisboa Dakar cun espectacular Marc Coma que daba auténticos recitais sobre o deserto de Mauritania. O catalán levaba unha renda de case unha hora na xeral sobre o segundo clasificado.

Pero a mala sorte cebouse co piloto español, que o venres e a falta de 3 etapas para chegar a Dakar perdeuse por unha pista que non era a oficial e acabou chocando contra unha árbore e viuse obrigado a abandoar tras romperse unha vértebra.

E na categoría de coches Carlos Sainz perdeu todas as opcións de vitoria na lagoa rosa tras sufrir problemas mecánicos dous días seguidos onde perdeu demasiado tempo.


Agora xa nos metemos no sábado que comezou co primeiro dos dous derbis de 2ª B que viviremos neste fin de semana. En Barreiro o Celta B caia derrotado ante o Clube Deportivo Lugo (0-1) co gol de Sergio.




E o primeira que seguimos en GnG foi o fútbol sala. Última xornada da fase previa da Copa. O Lobelle buscaba ser cabeza de serie pero caeu derrotado ante un equipazo como o Boomerang Interviú por goleada (8-0). O que si que será cabeza de serie será o Azkar Lugo tras gañar en Murcia ao Polaris (2-5). O que non xogará a Copa será o Cometal que perdeu de novo ante o PSG Móstoles (7-4).



E dende as 18:00 h estreábase España no mundial de balonman de Alemaña. Os nosos (actuais campións) non erraron ante Exipto (33-29) ainda que lle custou moito.





E hoxe houbo moito baloncesto en GnG. O Leite Río Breogán venceu na casa ao Plus Pujol Lleida (96-83) pero esta vitoria valeu moito xa que nun final agónico o Breogán logrou gañar o basket-average. Como dixo Pardo "calqueira día dame unha taquicardia".

E no basket feminino chegaban malas novas dende Vigo cunha nova derrota do Celta Vigo Urban ante o León (49-58). E o ensino de Lugo perdía na cancha do Rivas Futura (80-66). E para pechar o desastre o Extrugasa perdía por un ante o Sta. Eulalia (72-71).



E no hoquei o Liceo caiu derrotado en Cataluña ante o Igualada (2-0). Póla súa banda o Vigo Stick tamen caiu derrotado a domicilio, neste caso ante o Noia (8-4) completando a mala xornada para os galegos.



En volley o Vigo Valery Karpin perdía pola mínima na cancha dun dos grandes da categoría, o Unicaja (3-2). Tamén perdeu, pero de forma mais abultada foi o Ribeira Sacra ante o Albacete na casa (0-3).


En balonman o Teucro venceu en Pontevedra ao Anaitasuna (30-25). E a outra boa noticia foi a vitoria pola mínima do Cangas no Gatañal ante o Alcobendas (25-24). O Pilotes segue de lider tras vencer no campo do penúltimo o OAR Gracia (25-31). As malas novas chegaron dende Cuenca coa derrota do OAR da Coruña ante o Cidade Encantada (28-22).



E onte presentouse en Vigo o primeiro equipo galego de ciclismo profesional. O Karpin Galicia dirixido por Álvaro Pino e patrocinado por Valery Karpin.



E dende as oito a emoción do fútbol de primeira co Atlético-Osasuna (0-0). O partido estivo aburrido ata o minuto 77 cando o árbitro expulsou a Cuellar por facer un penalti que Torres mandou foro. Nos seguintes trece minutos chegou o gol de Zé Castro de 3 expulsións máis para os pamplonicas que remataron con 7 e todo cun Lizondo Cortés "espectacular".



E dende ás dez o partido do líder no Madrigal. O Sevilla non foi quen de marcarlle un gol ao Vilarreal (0-0) e que se ande con ollo porque hoxe pode verse superado polo Real Madrid e polo Barcelona.




Durante este encontro Xose Antón Cambón fixo a quiniela da semana que vén. Todo o referenten a temas quinielísticos o tedes no blog da Peña de GNG .





E hoxe a actualidade non descansou nin pola noite xa que de madrugada xogáronse os oitavos do Open de Australia. A primeira baixa da Armada foi David Ferrer quen quedou apeado polo americano Mardy Fish.





Pouco despois Tommy Robredo metíase nos cuartos tras gañar con facilidade a Gasquet. Agora espérao en cuartos o suizo Federer. E hoxe pola noite xogará nos oitavos Nadal.



E xa na mañan do domingo chegaban boas novas dende Montecarlo onde Dani Sordo co seu Citroën lograba un meritorio segundo posto tras o seu compañeiro de equipo, o francés Sebastian Loeb.


E hoxe remata o Rally Lisboa Dakar. Na categoría de motos e trala caída de Marc Coma o camiño quedoulle despexado ao francés Cyril Despres que venceu no rally coa súa KTM. O mellor español foi Isidre Esteve quen sumou unha meritoria 30º posición despois de todos os problemas técnicos que tivo.




En coches o gañador na lagoa rosa foi ao francés Petehansel co seu Mitsubishi, con este triunfo o piloto acumula 9 dakars entre motos e coches. O mellor español foi Carlos Sainz co seu Volskwagen Toureg que rematou 9º e tras vencer en 5 etapas parciais. Nani Roma tamén estivo arriba e rematou 13º.


E xa dende as 16:00 h comezou GnG onde no chat fíxonos bastante gracia que Reboreda dixera antes dunha cuña publicitaria "cambio", pero rematouna no chat dicindo "era para dicir cambio e corto" (XDDDDD). E a primeira cita que seguimos hoxe foi o segundo encontro da selección española de balonman no Mundial de Alemaña. Hoxe os nosos resolveron con solvencia o compromiso ante Qatar (40-18).



E dende as 17:00 h había numerosos centros de atención en GnG. Primeiro o derbi da 2ª B en Pasarón onde o Pontevedra gañou ao Racing pola mínima (1-0) nun bonito partido e con isto os granates colócanse de líderes. Dende a mesma hora e tamén na 2ª B o C.D. Ourense vencía o Couto ao Cobeña (3-1) tras remontar o gol dos visitantes.

Á mesma hora vivimos dende Riazor o empate sen goles entre Depor e Español (0-0) nun partido onde os galegos mereceron moito máis xa que tiveron moitas ocasións e foron superiores sobre todo nos primeiros 45 minutos. Ademais o árbitro anuloulle dous goles aos branquiazuis que ao noso parecer eran legais.
O Celta pola súa banda sumou unha nova derrota no Coliseum Alfonso Pérez ante o Xetafe (1-0) os olívicos xogaron ben pero o gol que recibiron aos 46 segundos de encontro foi unha losa imposible de superar.

Do resto dos partidos das cinco destacamos a vitoria do Valencia no campo da Real Sociedade (0-1). O gol de Villa meten aos de Quique Sánchez na segunda praza a un punto do Sevilla e a espera do que fagan Barcelona e Real Madrid.
E dende as oito coa narración de Roberto Carlos Carballo e os comentarios técnicos de Oreiro vivimos en GnG o Barcelona-Nástic de Tarragona onde os da casa lograron a vitoria coa se colocaron líderes (3-0).



E dende as 22:00 h o Mallorca-Real Madrid onde saberiamos se os de Capello se apuntarían ao liderado compartido xunto co Barça e o Sevilla. E os brancos non erraron gañando 0-1 no Ono Estadi cun golazo de Reyes de falta.


E así rematou esta triste xornada na primeira onde houbo seca de goles, nesta xornada solo galifamos nove veces.E xa o luns pola mañan Rafa Nadal deunos unha exhibición de tenis e forza meténdose nos cuartos do Open de Australia tras ter en contra 5 bolas de partido. Durante toda esta semana rematará o espectáculo no país do Canguros.

Por nós xa está, e creo que xa chegou (XDDDD). Que teñades unha boa semana e nós voltaremos o sábado que vén.


Saúdos de Gonzalo e Racinguista.