Resumo últimos programas
Boas a tod@s. Como xa vos daríades de conta temos o que vén sendo o blog un pouco atrasado asi que nesta entrada repasaremos os acontecementos máis importantes dos últimos días.

O mércores a vermella remataba os compromisos cunha vitoria por 0-2 ante Liechtenstein grazas a dous goles de Villa MaraVilla nos primeiros minutos. O segundo chicharro viu tras unha espectacular chilena do ariete asturiano.

Foise a selección e voltou a liga...onte mesmo vivimos unha xornada de infarto (a penúltima da primeira división). A loita polo título prometía con Madrid, Barça empatados a puntos e o Sevilla a 2 de eles. E non defraudou.
A xornada comezou mal para os brancos xa que na primeira metade do seu encontro en Zaragoza encaixaban un gol de penalti marcado por Diego Milito. Pero dende Barcelona chegaban boas novas co gol de Raúl Tamudo para o Español que seguía deixando ao Madrid líder.

Pero todo se truncou para os da capital xusto antes do descanso cando Messi cun gol coa man colocaba aos blaugrana de líderes.

Na reanudación chegaba o segundo do Barça e o Madrid lograba o empate por medio de Ruud Van Nistelrooy, pero o Zaragoza golpeou de novo e puxo o 2-1 que facía que o Madrid perdera virtualmente a liga.

Pero en 18 segundos máxicos todo virou. No minuto 88, tras un rexeite de César o holandés marcaba o seu gol 25 da liga e o 2-2 definitivo na Romareda. Mentres Tamudo silenciaba o Camp Nou co 2-2 que facía que a clasificación seguira igual. Porque o Sevilla desaproveitou a ocasión xa que non pasou do empate sen goles en Son Moix.
E por abaixo o noso Celtiña buscaba coller o último tren que o levase a salvación e ese tren pasaba polo Manzanares. Solo valía gañar e esperar o que fixeran Athletic e Betis. O Celta comezou o encontro xogando ben, pero os vellos pantasmas apareceron cando Lequi fallou estrepitosamente en defensa e lle puxo a Maxi nas botas o 1-0. Pero os vigueses reaccionaron antes do descanso cun gol de penalti de Fernando Baiano. Na reanudación apareceu Yago completamente solo na saída dun corner para colocar o 1-2 e con tranquilidade Baiano sentenciaba a contenda uns minutos máis tarde co 1-3. Pero tamén se sufriu xa que chegou o segundo de Maxi que colocaba o 2-3 definitivo.
A xornada a verdade e que foi moi favorable para os celestes. Mentres eles conquistaban o Calderón, o Betis era vapuleado no Ruíz de Lopera polo Osasuna (0-5) e o Athletic non podía co submarino amarelo no Madrigal (3-1). Polo tanto os de Vigo quedan a punto da salvación e se na última xornada gañan ao Xetafe e o Bilbao ou o Betis pinchan manteranse na máxima categoría do fútbol español. No Ruiz de Lopera houbo lío despois do encontro xa que os afeccionados protestaron pola goleada que recibiran os seus.

A xornada pechouse o domingo en Riazor co Deportivo-Recreativo. Os branquiazuis víronse claramente superados polos de Marcelino que lles deron un espectacular baño goleando aos da casa. A primeira metade acabou cun 0-2 pero aí o decano dominou de comezo a fin. Xa no segundo acto chegaron dous goles máis ata o 0-4. Despois Bodipo fixo o gol da honra, pero aínda chegaría o quinto dos andaluces. Para rematar Juan Rodríguez maquillou o resultado de penalti (2-5).

Repasamos xa agora a andaina dos nosos equipos na primeira rolda da fase de ascenso a 2ª división. O Racing de Ferrol acadou un gran resultado na Malata colleitando un 2-0 de renda co que afrontaba con tranquilidade a volta. Pero o Linares colocoulle outro 2-0 na volta e tivemos que chegar a lotería dos penaltis onde os departamentais estiveron máis acertaron (3-4) e agora enfrontaránse ao Alacante na eliminatoria decisiva.

Peor sorte correu o Pontevedra na súa eliminatoria. Os do Lérez comezaron cun empate sen goles a eliminatoria xogando no feudo do Córdaba. Na volta lograron marcar dous goles no primeiro treito do encontro pero os andaluces sobrepuxéronse e antes do descanso colocaron o 2-2 definitivo no eléctronico. Polo tanto esfumouse de novo o soño do ascenso para os granates.

Comezamos agora a repasar a fase de ascenso a 2ª división B. O Deportivo B logrou pasar de rolda na súa eliminatoria ante o Anguiano. Na ida os herculinos cairon por 2-1, pero na volta deronlle a volta a tortilla cun 3-1. Agora espera o Don Benito
Tamén o Negreira pasou pasou de eliminatoria tras gañar na casa ao Amorebieta (1-0) e na volta colleitou un empate sen goles. Os galegos xogaranse o ascenso ante o Conquense.

Peor sorte correru Coruxo que foi eliminado a mans do Toledo e o Vilalonga que caiu ante o Noja pola mínima. Outro ano será para eles.
E así remata este resumo. Emprazámosvos para esta tarde onde vivirimos o final de liga na 1ª co título en xogo e co Celta buscando continuar un ano máis en na máxima categoría. Tamén viviremos a ida da fase de ascenso a 2ª co Ferrol-Alacante. E o comezo das eliminatorias do Depor B e do Negreira para meterse en 2ª B ante Don Benito e Conquense respectivamente.
Saúdos de Gonzalo e Racinguista.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home