Fin de temporada 2006/2007
Boas a tod@s: Última xornada de liga e todo por decidir. Tanto por arriba, como por abaixo.




O de Indianápolis foi algo máis que unha demostración de poderío. Foi toda unha profanación ao que era un templo de Ferrari. 
De volta á 1ª División, os tres equipos implicados na loita por clasificarse para a Copa da UEFA, Atlético de Madrid, Vilarreal e Zaragoza, estiveron dentro e fóra da mesma no desarrollo da última xornada de Liga, pero ao final foron os dous últimos os que lograron clasificarse, a costa dos colchoneros que a pesar de todo venceron (1-2) ao Osasuna.
Na loita pola liga, o Sevilla sucumbía (0-1) ante o Vilarreal. Os do Nervión estaban pensando máis na final da copa do rei, que os medirá có xetafe que noutra cousa.
A pesar deste título ligueiro o que non seguirá na "casa branca" a vindeira temporada será o técnico italiano Fabio Capello.
Así que, sen máis demora metamonos de cheo na xornada, unha xornada non apta para cardíacos.
Comezamos cós partidos das 17:00h. Nestes encontros xogabanse as dúas prazas que restaban para saber cales eran os equipos que acompañaban ao Nástic á categoría de prata.
O Athletic cumpliu en San Mamés có que debía facer para seguir onde estivo sempre ata o de agora, na Primeira División, ao vencer ao Levante, equipo ao que superou (2-0). Nun partido cheo de oportunidades bilbaínas. Pero non sería ata o último tercio do partido, cando chegaron os goles. O primeiro sería de Serrano, en propia porta. E un cuarto de hora despois, Gabilondo puso o 2-0 rematando de cabeza un centro de Etxeberria.
Comezamos cós partidos das 17:00h. Nestes encontros xogabanse as dúas prazas que restaban para saber cales eran os equipos que acompañaban ao Nástic á categoría de prata.
O Athletic cumpliu en San Mamés có que debía facer para seguir onde estivo sempre ata o de agora, na Primeira División, ao vencer ao Levante, equipo ao que superou (2-0). Nun partido cheo de oportunidades bilbaínas. Pero non sería ata o último tercio do partido, cando chegaron os goles. O primeiro sería de Serrano, en propia porta. E un cuarto de hora despois, Gabilondo puso o 2-0 rematando de cabeza un centro de Etxeberria.
Outro que salvou a categoría foi o Betis ao gañar ao Rácing por (2-0) nun mal partido de ambos equipos. Foi a algo menos de 20 minutos para o final cando o Betis disparou por primeira vez entre os tres palos. No segundo pao aparaceía o brasileño Edu, ex-celtiña, para adianta-los verdibrancos. Sería o propio Edu o encargado de rematar a faena aprol do Betis.

O que non puido evita-lo descenso, foi o Celtiña. O conxunto vigués regresa ao infierno da Segunda División. E iso que chegou á última xornada con opciones, fixo o seu traballo ao gañar e remontar ao Xetafe (2-1), pero os triunfos do Athletic e do Betis sepultaron as súas opciones e tres anos despois o equipo celeste revive a traxedia de marcharse a Segunda División.

O outro equipo que acompañará a Nástic e a Celta é a R. Sociedade, que non puido pasar dun empate (3-3) en Mestalla diante do Valencia. Foi un partido con moitos goles pero có fútbol xusto, no que dous tantos en propia meta foron a puntilla para os donostiarras. Ao final, o terceiro gol da R. Sociedade, conseguido tamén en propia meta no quinto minuto da prolongación, serviu unicamente para que o encontro acabara cun empate que sería insuficente para a escadra vasca.

No último partido das cinco da tarde, en Monjuitc, xogaban o Español e o Deportivo.
Nun partido no que ningún dos dous conxuntos tiña nada en xogo, nin sequera os "famosos" maletíns.
Na previa do partido, Raúl Tamudo, recibiu unha homenaxe por ser xa o máximo goleador da historia do Español.
Precisamente sería Tamudo no 47 de penalti, o que adiantaría aos locais. Vinte minutos despois viría a remontada dos de caparrós.
Golpearía primeiro por medio de Iago. E dous minutos despois o encargado sería Sergio cun golazo. Xa nos derradeiros minutos Riki sentenciaría poñendo no electrónico o definitivo (1-3).

Mentres no comezaban os partidos das nove, estivemos atentos as fases de ascensos.
Na fase de ascenso á categoría de prata, o Rácing de Ferrol impoñiase ao Alacante, na Malata (2-0) con goles de Lamatina e Corredoira. E no definitivo partido de desenlace no Rico Pérez, despois duns angustiosos 90 minutos o Alacante vencía (1-0). Este resultado valíalles aos departamentais para retornar á categoría perdida hai pouco máis dun ano.
A festa rachada desprazouse ata o Cantón de Molíns, onde estaba ubicado o "estudio" de GnG no seu particular apoio á escadra verde.
Na fase de ascenso á categoría de prata, o Rácing de Ferrol impoñiase ao Alacante, na Malata (2-0) con goles de Lamatina e Corredoira. E no definitivo partido de desenlace no Rico Pérez, despois duns angustiosos 90 minutos o Alacante vencía (1-0). Este resultado valíalles aos departamentais para retornar á categoría perdida hai pouco máis dun ano.
A festa rachada desprazouse ata o Cantón de Molíns, onde estaba ubicado o "estudio" de GnG no seu particular apoio á escadra verde.
E na fase á 2ªB. O Deportivo B colleitaba un bó resultado ao gañar a domicilio ao Don Benito (0-2). Para en Riazor encarri-la eliminatoria golpeando primeiro, para nos últimos minutos do partido consegui-lo empate o conxunto visitante (1-1). Con este resutado o filial braquiazui sube á categoría de bronce, o que conleva á súa vez ao ascenso do Verín a 3ª División.

No García Calvo, o Negreira empataba diante do Conquense (0-0). E en Fuensanta o conxunto Nicraeirense caería derrotado por un abultado (3-0). Quedando deste xeito eliminado. Mágoa porque o seu ascenso arrastraba ao Compostela á 3ª división.

Tamén hoxe houbo F1, na que o inglés Hamilton afianza o seu liderato no Mundial tras asinar en Indianápolis o seu segundo triunfo consecutivo, seguido do español.
O de Indianápolis foi algo máis que unha demostración de poderío. Foi toda unha profanación ao que era un templo de Ferrari.
A festa non puido ser completa porque o perfecto sería ter a Fernando Alonso no centro do caixón, pero a carreira sí confirmou que o asturiano ten coche para ser campeón do Mundo e que o éxito dependerá das súas mans e de cómo poida manexa-la presión e a rivalidade có seu compañeiro de equipo. A distancia con Hamilton é agora de dez puntos, a maior do todo o campionato.
Hamilton segue facendo historia na Fórmula 1 e xa se lle pode considerar un claro candidato ao título. Xunto a Alonso, protagonizou ol monólogo que ofreceu a súa escudería. Pero o insultante dominio escondeu momentos para escenifica-la loita interna que se vive en McLaren. O primeiro, na salida. Fernando Alonso tentou superar ao seu compañeiro. Pegouse ao inglés e lle presionou todo o que puido, pero Hamilton no cediu. Mantivo a posición incluso na segunda intentona do asturiano, xa á desesperada. Alonso e Hamilton rodaban moi pegados dende o inicio e pouco a pouco abrían oco.
O inglés entrou a repostar na volta 21, unha antes que o seu compañeiro de equipo.
Pero a orden non se rompeu ao regresar á pista, ambos de novo con neumáticos brandos. Foi despois do primeiro repostaxe cando Alonso mellorou o seu rendimento de xeito notable. Comenzou a tomarlle dous décimas por volta ao inglés e pronto reduxo á nada o segundo que tiña de desventaxa. A volta 38 quedará marcada como a primeira da temporada en que os dous McLaren puxéronse completamente paralelos no medio da pista. Pero Hamilton aguantou o reto ata o final, posicionando o seu coche un pouco á esquerda para evita-lo acoso do asturiano.
O inglés lembraba ás primeiras defensas de posición de Alonso ante Michael Schumacher.

De volta á 1ª División, os tres equipos implicados na loita por clasificarse para a Copa da UEFA, Atlético de Madrid, Vilarreal e Zaragoza, estiveron dentro e fóra da mesma no desarrollo da última xornada de Liga, pero ao final foron os dous últimos os que lograron clasificarse, a costa dos colchoneros que a pesar de todo venceron (1-2) ao Osasuna.
O equipo de Javier Aguirre estivo 30 jornadas en postos UEFA, pero cedeu seu lugar ao Villarreal, que encadenou oito victorias seguidas, e agora se terán que conformar con xogar a Intertoto. Pola súa parte, o Zaragoza empatou en puntos có Atlético, pero vai a Europa gracias ás súas victorias durante a temporada.
A tensión a comezou a mete-lo Recreativo có gol tempranero e en posible fóra de xogo de Javi Guerrero, que encendía as alarmas no minuto 3 no Zaragoza, a pesar de que ello non cambiaba as posiciones porque en Pamplona o marcador ía cero a cero.
Ao mismo minuto, en Pamplona, Milosevic estrelaba un balón no pao da portería de Leo Franco e en Huelva Diego Milito pedía un penalti por man de Merino, que o colexiado non otorgou.
En Sevilla, Kanouté poñía a sufrir ao Vilarreal cun remate que se ía desviado de milagre, mentras que no Novo Colombino o Zaragoza non se repoñía do mal inicio de partido no que estivo a punto de sufrir ata un autogol.
No Reino de Navarra, os colchoeiros facían realidade por un momento o sueño e subían á quinta posición da clasificación tras un golazo de Maxi. Con ese gol, ao final da primeira metade o Zaragoza estaba só coa Intertoto, despois de estar casi toda a temporada en postos UEFA. Pero eso cambiaría cedo, porque o Osasuna empatou tan só iniciar a segunda parte.
O Vilarreal, pola súa parte, plantabase firme en Europa có tanto de cabeza de Fuentes e xa nin siquera importaba que o Atlético se pusera adiante (1-2) cun autogol. A tensión pasaba a man do Zaragoza, que non abriu a defensa do Recre senón a 15´ do final, a través de Milito, empate que metía ao equipo maño.
A partir de entón os marcadores xa non cambiaron e as esperanzas do Atlético se moveron ata o Sevilla, para ver se éste empataba ao Vilarreal, que xunto ao Zaragoza súmase ao Xetafe, clasificado como finalista de Copa, na vindeira edición da UEFA.


Na loita pola liga, o Sevilla sucumbía (0-1) ante o Vilarreal. Os do Nervión estaban pensando máis na final da copa do rei, que os medirá có xetafe que noutra cousa.
Pola súa banda, o Barça se desfacía con comodidade do Nástic, no Nou Stadi (1-5). Os de rijkaard víronse campións durante case todo o partido, xa que o R. Madrid empezou perdendo cun gol de Arango para o Mallorca.
Con este resultado se chegaría ao descanso. No minuto 68 Reyes empataría o encontro, pero este resultado non valía coa victoria blaugrana.
Con este resultado se chegaría ao descanso. No minuto 68 Reyes empataría o encontro, pero este resultado non valía coa victoria blaugrana. Foi no minuto 81, cando o Bernabeu estoupou de xúbilo cando Diarra daballe a volta o marcador. E tres minutos despois Reyes de novo tranquilizaba á parroquia local (3-1).
A pesar deste título ligueiro o que non seguirá na "casa branca" a vindeira temporada será o técnico italiano Fabio Capello.
En Hockei a patíns, a selección española segue no ceo unha temporada máis. Gañara os dous últimos Europeos e, agora, tamén fixo o propio cós dous últimos Mundiais.
Desfixose con suma facilidade de Suiza, a anfitriona, que chegaba ao encontro con confianza, pero que aos 15 segundos xa se deu conta de que España non lle daría tantas facilidades como Arxentina. Ao final, o electrónico reflexaba o definitivo (1-8). España paseouse en Suiza, suma trece Mundiais.

En futbol sala, o Pozo Murcia revalidou o seu título de campeón da división de honor ao vencer na súa cancha (3-2) ao Boomerang Interviú no segundo partido da serie final, polo que non foi necesario o terceiro encontro.
No primeiro partido, disputado o pasado día 16 en Alcalá de Henares, o equipo murciano impúxose (7-8). Trátase do terceiro título para O Pozo Murcia, que ademáis de conquista-lo do ano pasado, gañaran a liga 1997/1998. 

En Basket, o Real Madrid conquistou no Palau Blaugrana a súa liga número 30. Idéntica cifra suma a sección de fútbol, campiona un domingo antes no Santiago Bernabéu. 

E na final da copa do Rei, disputada no Santiago Bernabeu entre o Sevilla e o Xetafe. A balanza desequilibrouse aprol dos do Nervión cun gol de Kanouté ao aproveitar un erro garrafal de Pulido (1-0).
Con este título o Sevilla fai triplete esta temporada, xunto coa UEFA e a supercopa de europa.

Isto remata ata finais de Agosto, no que xa teredes por aquí outra vez ao dono do blog. Agardamos que o noso labor feito aquí, fora do voso agrado.
Parabéns para os que teñan algo que celebrar, e aos que non outra temporada será.
Que teñades un bó verán. Saúdos de Racinguista e Gonzalo.




1 Comments:
At 6/7/07 20:27,
Anónimo said…
Por unha casualidade acabo de mirar esta páxina e sin pensalo duas veçes, metinme ao fondo pra deixar uns comentarios que acaban de xurxirme en relaçión ao tema sober o fútebol, o cal non deixa de apaixonarme:
O asunto e o seguinte:
Hai unhas semáns celebrouse a Gala do Fútbol Galego e n’ela entregáronse distintos agasallos e premios a diversos homenaxeados.
Coma na gran maioría dos casos casi naide fala dos xogadores da 3ª División (po lo que parece non interesan a os medios de comunicaçión), entón eu tentarei falar un pouquiño d’eles, mais sen querer ser, pra nadiña, ningún valedor d’estes.
Na entrega dos premios indicados anteriormente houbo ún en espeçial que alegróume moito.
Non me cabe ningunha dúbida de que o xogador elexido coma o Meior Xogador da categoría, n’este intre da 3ª División Galega, non é mais que simpelmente un mais de todos os bos xogadores que, sen ningún tipo de dúbida tamén, coexisten e xogan n’esta nosa terriña.
Mais iso sí, o feito de resultar elexido coma o Meior Xogador, non debería haber tampouco ningunha dúbida de que ademais de ser un agasallo, é de un mérito tremendo pra calquer xogador, xa que éste debe ser moi bo ou quizais debeu haber feito unha formidabel tempada pra haber resultado elexido, sobertodo tendo en conta que pareçe ser son os distintos adestradores da categoría os que fan a eleçión e posibelmente éstes deben de ser os que mais entenden sober o noso grande deporte e os que meior coñecen a os distintos xogadores.
Mais por outro intre e agardando que non se me chegue a tachar de partidista, ainda que en certo modo e sen que as veçes un non no queira, de algunha forma o sexa (n’este caso po las miñas circunstanzas personais cun xogador), indicarei algo que nun artigo que leín nin se nombraba e que era o feito do que non dixeron sobre o que resultou elexido coma o 2º meior clasificado coma Meior Xogador, Santi Domínguez (xogador do Alondras, de Cangas do Morrazo), que obtivo 4 votos.
Mais en cambio e ainda que levouse o Premio ao Máximo Goleador, pero élo foi –sólo- por haber feito o máximo de goles, loxicamente porque fixo mais que ninguén dos demais xogadores da categoría, o cal considero tamén debía facerlle merecedor ou acreedor ademais de a otro premio, tamén a outra consideraçión, cando de feito este premio foi gañado sen ningún tipo de votaçión, ou sexa simpelmente por haber sido o xogador que anotou mais caracolillos, e estando ademais tamén nominado pra o Premio ao Meior Xogador, haber quedado de 2º, creo que é bastante mais meritorio que ningún outro premio que poideran haberlle concedido.
Por todo élo, a lo menos po la miña parte, desexo dar todas las grazas a todos os que fixeron posibel que este xogador (e os outros nominados tamén, por suposto) foran por unha noite os Reis do mundo.
Mais por outro xeito, en cambio, o feito da entrega d’uns agasaios que eran a nivel galego, resultou que nin siquera se mencionou en ningún xornai ou n’outro medio de comunicaçión e por inde, dos nominados tampouço se dixo o mais mínimo ............... o cal paréceme bastante penoso ......... !
Dito todo isto sen ningún mal ánimo ou acritude .................. un saudiño.
Publicar un comentario en la entrada
<< Home