Galicia en goles

Blog que conta as miñas experiencias no programa "Galicia en goles" da Radio Galega

08 mayo 2007

Programas 05/06 - 05 - 2007

Boas a tod@s, neste novo fin de semana có que abrimo-lo mes de Maio.

Empezaremos lembrando, o que fixeron os equipos españois nas competicións europeas.

Na primeira semifinal, o Sevilla conseguía o pase á final ao vencer ao Osasuna (2-0). O primeiro gol chegaría no minuto 37, tras unha excelente xogada de Luis Fabiano e a sentencia no 53, por medio de Renato a centro de Alves.
O conxunto andaluz certificou o seu pase directo á final de Glasgow do vindeiro día 16 a que será a súa segunda final consecutiva.

Na outra semifinal, en Alemaña entre o Werder Bremen e o Español. A sorte estivo de cara para os cataláns. Xa que os locais se adiantarían, no minuto 4 no marcador.
A partir do 19 os alemáns se quedarían cun menos, por dobre amarela o que propiciaría a remontada do español. Primeiro no 50 Coro remacha un rechace de Reinke, tras un centro de Riera. E dez minutos máis tarde sería Lacruz ao rematar un córner botado por Luis García.
Sendo o resultado final (1-2). Deste xeito temos final española.
A xornada do Sábado a principiamos dende Balaídos, onde o Celta B deixou escapar unha boa oportunidade de afastarse dos postos de abaixo xa que xogaba cun rival directo.
Ao final do encontro hai que dar por bo o punto conseguido, xa que Quintairos marcaba o definitivo (2-2) no tempo de desconto e iso que os visitantes xogaron a última media hora con dez.

No polideportivo, e en futbol sala, salientaremos o descenso, a falla de dúas xornadas, do Celta f.s. despois do seu empate nas Travesas ante o MRA Navarra (5-5). No sar, o Lobelle paseouse perante o Martorell (10-2). Pola súa banda o Azkar perdía a domicilio diante o Zaragoza (4-1).Para pecha-lo polideportivo, dicir que en Balonmán, vivimos outro ascenso á ASOBAL, o do Teucro que regresa a dita categoría dous anos despois. Aos pontevedreses lles valía cun punto, pero gañou ao Palma do río (30-28), no pabellón Municipal dos deportes de Pontevedra. O Pilotes perdía a domicilio diante do huesca (31-30). Os de Vigo pagaron cunha derrota a resaca da celebración do seu ascenso a Asobal. O OAR tamén perdía a domicilio diante do Pozoblanco (33-30). E pola súa banda o frigoríficos facía o mesmo ao perder diante do Costablanca (26-29).

No rallie da terra de Ourense, o vencedor foi Joan Vinyes.

Ás 20:00h. e dende Anoeta, o Barça conseguiu unha victoria cómoda (0-2), con goles de Iniesta e Eto´o, cun fútbol sólido que lle permite mellora-las malas estadísticas das últimas semanas fóra do seu feudo, ao tempo que afunde un pouco máis a unha R. Sociedade que cada xornada que pasa se acerca máis á 2ª división.
Dende ás 22:00h. en Riazor, o Dépor recibía a visita do Valencia de Quique Sánchez Flores. Os de Caparrós saíron ao campo presionando, intentando asusta-los visitantes. Pero apareceu o portugués Hugo Silva, para marca-lo (0-1) tras unha fermosa xogada de Silva. A réplica coruñesa se limitaba a buscar balóns largos a Arizmendi e agarda-la colaboración da defensa che. Nunha destas os locais disfrutaron dun córner que transformaría Taborda, que acababa de entrar ao campo (1-1).
Pero nunha contra colectiva de libro, Silva de novo, se encargaría de poñe-lo (1-2) definitivo.

Hoxe Domingo madrugamos para ve-las carreiras de motos dende china.

En 125 na típica carreira igualada e en grupo o que se levou o gato a auga foi o checo Lukas Pesek.

notable actuacion dos españois cun segundo posto de Hector Faubel e o xovencísimo Tito Rabat (tamén español) completou o podium.

A madrugada continuou sendo propicia para os nosos coa vitoria de Lorenzo en 250 continuando unha semana máis como líder do campionato e completou o dobrete Álvaro Bautista, sendo o terceiro escalón do podium para o italiano Dovizioso.

E na categoría raíña a potencia da Ducati de Stoner lle deu ao australiano outra victoria. Valentino Rossi só puido ser segundo e o terceiro foi Hopkins. O mellor español Pedrosa tivo que quedarse a un pasiño do podium có seu cuarto posto.
Ás 12:00h, e xa en fútbol na 2ªB, o C.D. Lugo perdía en Talavera ante o conxunto local (1-2). Á mesma hora en Fuenlabrada, o Rácing de Ferrol, conseguía unha importante victoria, cun xogador menos, o que lle permite seguir vivo outra semán máis (0-1).

Ás 17:00h. dende o Madrigal, viamos como ao Celta se lle escapaba o partido por un erro de marcaxe nunha xogada a balón parado (1-0), no minuto 67 gol conseguido por Guille Franco ao rematar un córner sacado por Cani. Esta derrota unida á victoria do Levante, deixa aos de Stoichkov a 3 ptos da salvación en vísperas da visita do equipo granota a Balaídos.

Ás 17:00h. dende o Couto, asistimos a unha nova derrota do C.D. Ourense, nesta ocasión perante a Ximnástica de Torrelavega (2-3). Con esta oitava derrota consecutiva os das Burgas, se complican a vida e se sitúan a 5 ptos do postos de descenso para afrontar este último tramo ligueiro.

Ás 19:00h. no Teresa Rivero, en Vallecas o Pontevedra vencía ao Raio vallecano cun solitario gol de Charles (0-1) e con dous xogadores menos. Este triunfo, clasifica matemáticamente aos granates para o play off de ascenso, e relevan aos de Vallecas do liderato. Á mesma hora, pero en primeira división en Monjuitc o Español vencía ao Atlético de Madrid (2-1), con goles de Moha, Pandiani para recurtar distancias Petrov no desconto. A anécdota deste partido foi que o árbitro asistente Teófilo Cabrera se lesionou aos 29 minutos de partido e sustituiulle o cuarto árbitro, Jacobo Yáñez. Padeceu unha rotura no xemelgo da perna dereita. Ás 21:00h. dende o Santiago Bernabeu, asistimos á victoria do R. Madrid sobre o Sevilla (3-2). Maresca abría o marcador (0-1) no minuto 42. Na segunda metade coa saída de Guti as cousas cambiarían, o centrocampista fartouse a dar pases de gol e así chegou no minuto 63 o empate transformado por Van Nistelrooy (1-1), para que no 77 Robinho lle dera a volta ao marcador (2-1). E por 2ª vez Van Nistelrooy marcaría, ampliando a ventaxe dos locais (3-1). No 90 Chevantón poría o definitivo (3-2). No descanso deste encontro, o invitado de GnG que foi Xulio Díaz (Adestrador do Negreira) fixo a quiniela. Podéde-la consultar no blog da peña. Tamén salientar, que o Manchester recupera o trono. O empate do Chelsea facilitou o título ao equipo de Alex Ferguson tras dous anos de seca.
E así remata unha xornada máis. Lembrándovos que o Mércores o Dépor xoga a volta da copa do rei, que pasedes unha feliz semana.

Saúdos de Racinguista e Gonzalo.

1 Comments:

  • At 16/5/07 12:50, Anonymous SDN said…

    SDN:
    A ver tíos, facede eco do partido Santa Comba- SD Negreira desta xornada, que a Fontenla vai rebentar. No blog da SD (oficial do club) estaremos atentos para facer unha supercrónica. Porfa, anunciádeo na radio. Saúdos, e noraboa polo voso programa.

     

Publicar un comentario en la entrada

<< Home