Programas 07/08 - 04 - 2007
Empezemos polo polideportivo; no que respecta ao mundo do futbol sala, houbo de todo:
O Azkar lle gañaba ao pozo de Murcia (5-2); o Celta f.s. sucumbía en Castellón ante o Praias (5-1); E por último o Lobelle empataba a domicilio diante do Guadalaxara (3-3).

No Basket, comezamos pola categoría feminina: O Extrugasa perdía a domicilio diante do Burgos (81-77); o Ensino gañaba en Madrid fronte ao Estudiantes (65-79) e no partido da xornada o Vigourban, vencía en Ibiza ao Sta Eulalia (54-60). Con este resultado as de Vigo evitan o descenso de categoría, aínda que se o perderan, as do Ensino botáronlle unha man gañando ao Estudiantes, por se o Vigourban non era quen de gañar o seu encontro.
Na categoría masculina salientaremos a importante victoria do Breogan en Gijón ante o Calefacciones Farho (66-71). Con este resultado os de Lugo, teñen opciones de meterse nos play off de ascenso.
Tamén no Basket, dicir que este fin de semana se disputou a Vilagarcía Basket Cup. A final foi entre o Unicaja e o Barreirenses, sendo a victoria final para os de Málaga (84-79).
Tamén salientar, que esta Basket Cup levantou moita espectación como se pode ver.
Mesmo persoaxes ilustres do mundo do basket, como Epi, se acercaron para ve-las evolucións destes novos valores.
Deixando o polideportivo, metémonos xa de cheo na xornada de fútbol.A abrimos dende Balaídos. Alí ás 17:00h. xogaba o filial celtiña diante dun rival directo como é a Ximnástica de Torrelavega. Os de Sáez gañaron con solvencia (3-1) saindo así dos postos de descensos.

Xa ás 20:00h. dende a Romareda medianse o Zaragoza e mailo Barça. O partido foi bastante igualado, e nun barullo dentro do area, Diego Milito marcaría o único gol do partido. A partir de ahí, o Zaragoza xogou a favor de marcador (1-0). Novo tropezo do Barça, do que se poden beneficiar Sevilla e R. Madrid.
Ás 22:00h. dende San Mamés, o Ath. de Bilbao era quen de gañarlle ao Valencia, cun gol de Gabilondo de tacón (1-0). Os de Quique, nunca saíron enchufados e estaban pensando máis no partido de volta da Champions, o vindeiro Martes. Con este resultado, os bilbainos saen do descenso en detrimento do Celta, a expensas do que faga mañán.
Onde xa na saída, a carreira se puxo moi de cara para Alonso xa que adiantou a Massa na primeira curva. Hamilton adiantou a Raikonnen tamén na primeira curva e 2 ou 3 mais adiante a Massa. Massa intentou pasar a Hamilton mentres Alonso se ía pero o único que logrou o de Ferrari foi sairse fóra na volta 5 e pasar a 5ª posición onde remataría a carreira.
Alonso moi cómodo ata o final gañou a carreira. O segundo posto de Hamilton só se viu ameazado por Raikonnen nas últimas voltas pero o escudeiro de Alonso completou o dobrete de Mclaren.O finés Raikonnen foi o primeiro Ferrari pero se tívo que conformar có último escalón do podium. Os do cavallino rampante perderon unha carreira que pola clasificacion do Sábado tiñan gañada.

Seguindo coa 2ªB, ás 17:00h. o Rácing volvía defraudar perante os seus aficcionados, ao empatar de novo có Orientación (0-0). Este partido foi a volta dos VEIGAS á Malata que foron recibidos con indiferencia...E ás 18:00h. dende Pasarón, Pontevedra e Puertollano asinaban un empate (0-0) que lles serve aos dous para seguir entre os 4 primeiros. A nota predominante deste encontro, foi o respeto que se tiñan os dous equipos.
Subimos dúas categorías e imos a Riazor, onde alí o Dépor lle gañou ao Nástic pola mínima.
O partido foi igualado, pero os de Caparrós tiveron maior efectividade e só uha xenaliedade do canteirán Iago que clavou na escadra de Bizarri unha dudosa falta sobre Estoyanoff, deulle os 3 ptos aos locais (1-0).
Tamén ás 17:00h. dende o Novo Colombino o Celta sucumbía ante o Recre. A mala defensa celeste e o acerto do rumano Rosu lle complican a existencia en primeira.
O 1-0, chegou tras un penalti de Contreras a Uche que errou Sinama pero Rodríguez Santiago, o colexiado do encontro, viu a entrada de Placente antes de tempo, polo que mandou repetir a pena máxima que esta vez sí que marcaría Jesús Vázquez.
Tra-la reanudación, chegou o empate do Celta, como non de penalti. Nesta ocasión de Barber a Canobbio. Nené non errou.
A partir de aquí Rosu, se convertiu no protagonista. Primeiro mandaba á rede un certero derechazo e dous minutos despois poñía o 3-1. Nené non quiso ser menos e volveu a marcar pero non valeu para nada porque Cheli cerrou o partido para os locais (4-2). Con este resultado o Celta se mete en postos de descenso.
Nun intento de saca-lo equipo a flote, a xunta directiva destituiu ao adestrador, Fernando Vázquez, e ficha ao exfutbolista do Barça, Hristo Stoichkov.

Tamén destacaremos a nova ocasión perdida polo Sevilla, para poñerse de líder, ao empatar fronte ao Rácing de Santander. E é que Juande reservou os titulares para o compromiso fronte ao Tottenham, aínda así o Sevilla domiñou o partido pero lle faltou pegada de cara a gol (0-0).
Ás 19:00h. dende o Santiago Bernabeu, o R. Madrid gañaba a un Osasuna pragado de baixas por mor do seu compromiso europeo. O partido non tivo moita historia, a que nos ten acostumado o R. Madrid ultimamente, mal xogo e a aproveitar os erros do rivais. Neste encontro non foi menos, marcaron Raúl e Robinho asinando así unha victoria que deixa ao R. Madrid a dous ptos do Barcelona.
E por último ás 21:00h. a última función dende o Madrigal. Onde o Villarreal perdía contra o Atlético de Madrid, cun gol de Eller. Gol que dará moito que falar, porque para uns non é unha xogada limpa, para outros si...
Pese a isto, o Atlético gañou con todo en contra. Tardou medio día en chegar a terras castellonenses, con outro susto incluido no segundo intento do desprazamento. Ademáis nunca gañara en Villarreal, nin conseguira os 3 ptos con Muñiz Fernández de colexiado. Aguirre tampuco sabía o que era vencer no Madrigal. E por último, nesta xornada non había ningún triunfo a domicilio. Ao final do encontro, victoria rojiblanca: Así é o Atlético...
E así remata outra xornada máis. Que teñades unha boa semana.
Saúdos de Racinguista e Gonzalo.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home