Galicia en goles

Blog que conta as miñas experiencias no programa "Galicia en goles" da Radio Galega

03 marzo 2007

Programas 03/04 - 03 - 2007

Boas a tod@s, xa entrados no mes de Marzo espero que esteades preparados a pasar unha estupenda fin de semana na compaña dos goles, de Galicia en goles. Pero antes de meternos no sábado recapitulemos....


Esta semana houbo Copa do Rei coa volta dos cuartos de final. En Zorrilla o Depor certificaba o seu pase as semifinais tras empatar o encontro de volta (1-1) e facer valer o 4-1 da ida.
E tamén podemos mencionar os lamentables incidentes no derbi sevillano que levaron a suspender o encontro tralo gol do Sevilla (0-1) cando o adestrador dos visitantes recibía un botellazo na nuca que o deixaba inconscente. Competición decidiu pechar Heliópolis 3 encontros e o encontro reanudarase no Alfonso Pérez de Xetafe a porta pechada.

Estes incidentes deben desaparecer do fútbol pero o que non debe desaparecer é o bo xogo... o que mostrou hoxe o Ourense no Couto para gañar ao Fuenlabrada nun partidazo na 2ª B (4-2). O partidazo foi sobre todo de Carlos Padín.

Tamén en GnG hoxe seguimos o Fútbol Sala cun espléndido derbi galego na LNFS. No Multiusos Fontes do Sar impúxose a lóxica e o Lobelle dobregou ao Cometal Celta (6-4) nun encontro moi igualado. O noso analista de fútbol sala jou analizounos o encontro no chat tras chegar do Sar "O Celta apretou pero cando quedaban oito minutos estaban tan rebentados que non podían nin cos cordóns dos tenis" (xDDD) " e ademais fijeime eu que a entrada dos vestiarios había un posto de botellas de oxígeno e alí estaban todos os do Celta" (xDDD).

A xornada no basket feminino foi boa para o Celta Vigo Urban que coa súa vitoria na casa ante o Estudiantes (57-53) consegue manter practicamente a categoría. Peor lle foron as cousas ao Extrugasa de Vilagarcía tras ceder na casa ante o Barcelona (48-66).


E tamén seguimos moi de preto o balonman onde tivemos un derbi galego entre o Cangas e o Teucro que rematou en táboas (21-21). Outro empate tamén colleitou OAR da Coruña no Barrio das Flores ante o Palma del Río (22-22). E as mellores novas chegaron coa vitoria a domicilio do Pilotes ante o Costa Blanca (33-36).


Boas novas chegaron chegaron no volley feminino coa vitoria do Ribeira Sacra ante o Promociones Percán (3-0).


E para completar o polideportivo do sábado observábamos como o Liceo quedaba apeado nas semifinais da Copa do Rei ante o Barcelona (2-5) nun partido onde os da Coruña erraron demasiado.


E dende as oito en Mestalla vivimos a xornada da primeira seguindo o Valencia-Celta. O Celta saiu a defender, a aguantar o resultado xa que un punto sería de ouro para os de Vázquez na carreira pola salvación e aguantaronlle aos chés ata o minuto 66 cando Hugo Viana centrou para que Morientes colocara no electrónico o definitivo (1-0) que mandaba aos olívicos de volta a casa sen nada na zamarra e metido na zona perigosa. Mentres o Valencia mantén todas as opcións de ser campión.



E dende as dez o partidazo da xornada no Pizjuán co liderado en xogo cun incrible Sevilla-Barcelona. A primeira parte comezou moi ben para os azulgrana co tempraneiro gol de Ronaldinho e ademais pronto chegaría a expulsión de Aitor Ocio tras cometer un penalti. Pero Ronaldinho errou o penalti e o Sevilla viuse arriba e nunha desas o ruso Kerzhakov colocou o empate. Nunha segunda parte vibrante o Sevilla aproveitou a súa ocasión co gol de falta de Dani Alves (2-1) e ademais o Barça rematou o encontro con 9 tralas expulsións de Giuly e Zambrotta. Con isto os de nervión colócanse de líderes aventaxando ao Barça nun puntiño e póñenlle salsa a liga.

Dicir que ámbolos dous encontros da xornada, foron comentados polo invitado que estivo hoxe nos estudos de GnG, Manolo Nuñez (Adestrador do Céltiga).

E así rematou un sábado espectacular. E o domingo comezou moi ben no Fútbol Sala coa vitoria do Azkar Lugo na casa ante o MRA Navarra (4-2).


Xa na tarde do domingo tivemos unha boa ración de fútbol da segunda B. Vivimos o derbi galego en Pasarón que rematou con táboas (0-0). Pola súa banda o Rácing de Ferrol colleitaba un punto na súa visita ao Alcorcón (1-1). E as mellores novas chegaban dende Torrelavega coa vitoria do Lugo ante a Ximnástica (1-3).


E dende as cinco vivimos o Deportivo-Betis que rematou coa derrota dos galegos tras encaixar un gol nos últimos minutos de encontro (0-1).


Aproveitamos para mencionar a boa actuación do equipo español nos campeonatos de Europa de Atletismo en pista cuberta que se desputaron en Birmigham logrando 9 medallas, pero os que máis destacaron foron os atletas de 1500 masculino que lograron un histórico triplete.



E as sete reanudouse a xornada da primeira no Bernabeú. O Xetafe que saliu a por todas adiantouse e solo Van Nistelrooy logrou o empate de penalti (1-1) para un Real Madrid que non deixa de perder ocasións para meterse na pomada polo título.


Ao remate deste encontro, o xogador do Celta, Gabi Tamas, pasou polos estudos de GnG, e fixo para nós a quiniela.

As 21:00 h no Colombino pechouse a xornada cun Recreativo Atlético onde os locais leváronse o encontro tras dispoñer de 2 penaltis, pero solo marcou un (1-0).
E así rematou GnG, recordar que o xoves hai especial da Copa da Uefa co Celta-Werder Bremen e o sábado máis e mellor. Que teñades unha fantástica semana.

Saúdos de Gonzalo e Racinguista

1 Comments:

  • At 7/3/07 00:12, Anonymous Anónimo said…

    ¿Como que o Celta saiu "A defender" en Valencia??? Que partido vistes??? pode que a idea inicial fose sair a defender, pero o partido foi todo menos ultradefensivo.... :(
    V.

     

Publicar un comentario en la entrada

<< Home