Programas 31 - 03 - 2007 e 01 - 04 - 2007
E comezamos repasando o partido da selección española do mércores. España venceu a Islandia en Mallorca pola mínima (1-0) cun gol de Iniesta. Os de Luis sufriron para vencer aos islandeses que se dedicaron a pecharse na súa propia área.

Iso foi o máis destacado da semana....e agora pasamos a repasar o máis destacado do sábado en canto aos equipos galegos.
No apartado de fútbol sala tivemos un auténtico partidazo no Sar entre os dous últimos campións da Copa. O Lobelle de Santiago empatou ante o todopoderoso Interviú (1-1)
Peores novas chegaban dende Benicarló cunha derrota inapelable do Azkar ante os locais (4-1).
Tamen vivimos toda a emoción do basket feminino coa vitoria do Extrugasa sobre o Gran Canaria (75-61) e as derrotas do Celta ante o Burgos (46-57) e a do Ensino de Lugo ante o Barcelona (69-95).
A xornada en primeira comezou na Cartuja polo tres partidos de peche que ten o Ruiz de Lopera tralos incidentes da Copa. O Vilarreal adiantouse 3 veces no marcador, pero os do Machote igualaron sempre o encontro (3-3).
Tamén a esa hora a Real colleu un pouco de aire e de esperanza no seu intento desesperado por salvarse coa súa vitoria pola mínima ante o Levante de Abel. 
E dende as 22:00 h o partido da xornada entre o Barcelona e o Deportivo. Os locais dominaron os primeiros 45 minutos e cun gol de Messi xusto antes do descanso adiantáronse. Na reanudación Eto'o parecía que sentenciaba o encontro pero 8 minutos despois Adrián daba esperanzas ao Depor (2-1) pero solo foi un espexismo xa que o Barça tivo máis ocasións e solo no último treito do encontro o Depor tivo algunha ocasión de igualar.

E así rematou este sábado e con el o mes de Marzo. E comezamos abril repasando os resultados na segunda B nesta mañan de domingo.

O Lugo lograba unha vitoria a domicilio ante o Cobeña (0-1). Peor lle foron as cousas ao Racing no 2º estreo dos Veigas logrando un empate na súa visita ao Pájara Playas (0-0).
Tamén hoxe tivemos fúbol sala nas Travesas pero non nos chegaron boas novas xa que o Cometal Celta errou ante o Caja Segovia (2-3)

E así remata este resumo. A semana que vén máis e mellor. Que desfrutedes das vacacións.
Saúdos de Gonzalo e Racinguista.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home