Programas 10/11 - 03 - 2007
Hola a tod@s noutra fin de semana máis, no que coma sempre tentaremos de traervos toda a información dos nosos equipos, alá por onde estiveron.
Pero antes de meternos de cheo na xornada do fin de semana, lembremos que o Xoves houbo UEFA, e o celta perdía, inxustamente, en Balaídos ante o Werder Bremen alemán (0-1), compricándose así a volta.

No fútbol sala, principiamos polo empate no pabellón das travesas entre o Celta f.s. e o Polaris World Cartaxena (1-1). No Multiusos do Sar, o Lobelle gañaba ao Caja Segovia (4-2). Mentres que o Azkar perdía (7-6) na que foi a despedida do Martorell, xa que por impago este conxunto desaparece.

(Á dereita o xa desaparecido Martorell)
No volley. Na categoría masculina, o Valery Karpin, caeu derrotado en elche perante o Jhayber (3-1). E na categoría feminina, as rapazas do Ribeira Sacra, perderon por idéntico resultado en San sebastián dos reis, diante do conxunto local (3-1). Dicir que foi unha mágoa que perderan tanto uns coma as outras, porque tiñan máis de preto a salvación da categoría.
En basket feminino a nota positiva ven dada polo extrugasa, que vencía na cancha do Estudiantes (57-63). O Celta Vigourban perdía a domicilio fronte ao Ros Casares (74-63). Mentres que as malas novas nos viñan dende Lugo, onde o Ensino perdía perante o Hondarribia Irún (51-72), confirmando así o descenso automático de categoría.
En Balonmán, tivemos unha boa xornada. O Teucro gañaba ao Cidade Encantada (28-24). O Frigoríficos facía o mesmo en terras catalanas ao gañar ao Sabadell (20-31). Mentres que nas Travesas asistimos ao derbi galego da xornada entre o Pilotes e o Oar da Coruña, que quedou na casa (31-25).
En hockey, en Lloret o VigoStick conquería un empate fronte o equipo local (2-2). Mentres có Liceo perdía en Barcelona, ante o Barça (4-3).
Ás 20:00h e xa en fútbol, no cidade de valencia seguimos o derbi entre o Levante e o Villarreal, coa victoria visitante (0-2).

O Domingo, o abrimos cós partidos da xornada da 2ªB. Ás 12:00h no Sardinero, o pontevedra vencía ao Santander B (0-1). Á mesma hora en Butarque o Ourense, facía o mesmo diante do Leganés (0-1), con este resultado os das burgas confirman a súa melloría e a súa candidatura para meterse en postos de play off. E en barreiro, o Celta B empataba có Lanzarote, os celtiñas non abandoan os postos de descenso (2-2).
Ás 17:00h dende a Malata, o Rácing de Ferrol, se medía ao San sebastian dos Reis. A pesares de que os departamentais gañaron (3-0), non solventaron o partido ata os últimos minutos.

Ao remate deste partido, estivemos atentos ao emocionante encontro que nos narrou coma sempre, dunha forma espectacular, Alfonso Pardo. O breogán rendía visita ao Palma aqua máxica. Ao final do tempo reglamentario, chegamos cun empate inesperado polo que nos contaba Alfonso. Así chegamos á prórroga onde os lucenses mostraron maior efectividade (100-103).

Dende ás 19:00h estivemos atentos ao que facía o Dépor no Calderón. Pero todo se viu condicionado polo tempraneiro gol do Atlético no minuto 1 de partido anotado por Galleti. A partir de ahí, o equipo local marcou os tempos do partido, para xa na segunda parte, e por medio de Medio de Mista, marca-lo segundo gol, que sería definitivo (2-0).
E dende ás 21:00h a última función, dende o Reino de Navarra, onde Osasuna e Valencia empataron a un tanto, nun encontro con clara cor rojillo, ata que no tempo de desconto, apareceu o "Moro" para darlle un punto ao Valencia (1-1).
E así, remata outra fin de semana máis. Lembrade que o mércores temos cita có Celta na Uefa, e por suposto logo na fin de semana có GnG.
Ata entón, que sexades felices. Saúdos de Racinguista e Gonzalo.
Pero antes de meternos de cheo na xornada do fin de semana, lembremos que o Xoves houbo UEFA, e o celta perdía, inxustamente, en Balaídos ante o Werder Bremen alemán (0-1), compricándose así a volta.

Hoxe Sábado, principiamos pola victoria do C.D. Lugo no Anxo Carro, diante do Alcorcón (2-0). Con esta victoria os de Lugo, ponse na zona quente da clasificación.
No fútbol sala, principiamos polo empate no pabellón das travesas entre o Celta f.s. e o Polaris World Cartaxena (1-1). No Multiusos do Sar, o Lobelle gañaba ao Caja Segovia (4-2). Mentres que o Azkar perdía (7-6) na que foi a despedida do Martorell, xa que por impago este conxunto desaparece.

(Á dereita o xa desaparecido Martorell)
No volley. Na categoría masculina, o Valery Karpin, caeu derrotado en elche perante o Jhayber (3-1). E na categoría feminina, as rapazas do Ribeira Sacra, perderon por idéntico resultado en San sebastián dos reis, diante do conxunto local (3-1). Dicir que foi unha mágoa que perderan tanto uns coma as outras, porque tiñan máis de preto a salvación da categoría.

En basket feminino a nota positiva ven dada polo extrugasa, que vencía na cancha do Estudiantes (57-63). O Celta Vigourban perdía a domicilio fronte ao Ros Casares (74-63). Mentres que as malas novas nos viñan dende Lugo, onde o Ensino perdía perante o Hondarribia Irún (51-72), confirmando así o descenso automático de categoría.

En Balonmán, tivemos unha boa xornada. O Teucro gañaba ao Cidade Encantada (28-24). O Frigoríficos facía o mesmo en terras catalanas ao gañar ao Sabadell (20-31). Mentres que nas Travesas asistimos ao derbi galego da xornada entre o Pilotes e o Oar da Coruña, que quedou na casa (31-25).

En hockey, en Lloret o VigoStick conquería un empate fronte o equipo local (2-2). Mentres có Liceo perdía en Barcelona, ante o Barça (4-3).

Ás 20:00h e xa en fútbol, no cidade de valencia seguimos o derbi entre o Levante e o Villarreal, coa victoria visitante (0-2).

E ás 22:00h toda a expectación estaba posta no derbi do Nou Camp entre o Barça e o R. Madrid. Onde a priori os azulgranas eran os favoritos, pero pronto quedou claro, que nun derbi non hai favoritos. Os brancos se adiantaron no marcador con gol de Van Nistelrooy (0-1). Igualaría o encontro para os Cataláns, Messi (1-1). E nada máis sacar de centro o colexiado pita un dubidoso penalti aprol dos brancos que transforma outra vez Van Nistelrooy no (1-2). Máis tarde volverían empata-los culés por medio de Messi. As cousas se complicarían para os locais coa expulsión de Oleguer, e como consecuencia disto no remate dun saque de falta, os madridistas, se volverían adiantar no marcador, esta vez foi Sergio Ramos (2-3). E cando todo pintaba mal para os de Rijkaard, apareceu o home do partido, Messi, para poñer o empate definitivo no marcador porque foi no tempo de desconto e o "hattrick" na súa conta (3-3).

O Domingo, o abrimos cós partidos da xornada da 2ªB. Ás 12:00h no Sardinero, o pontevedra vencía ao Santander B (0-1). Á mesma hora en Butarque o Ourense, facía o mesmo diante do Leganés (0-1), con este resultado os das burgas confirman a súa melloría e a súa candidatura para meterse en postos de play off. E en barreiro, o Celta B empataba có Lanzarote, os celtiñas non abandoan os postos de descenso (2-2).

Ás 17:00h dende a Malata, o Rácing de Ferrol, se medía ao San sebastian dos Reis. A pesares de que os departamentais gañaron (3-0), non solventaron o partido ata os últimos minutos.

Á mesma hora, pero na 1ª división, e dende Balaídos xogaba o Celta ante o Ath. Bilbao. Un Celta pragado de baixas e cheo de urxencias. As cousas se lle poñían ben para os de Vigo có gol do canario Ángel. Pero a expulxión de Pablo García, por doble amarela, marcaría o transcurso do partido, dándolle vida así aos visitantes e froito disto veu o empate final (1-1).

Ao remate deste partido, estivemos atentos ao emocionante encontro que nos narrou coma sempre, dunha forma espectacular, Alfonso Pardo. O breogán rendía visita ao Palma aqua máxica. Ao final do tempo reglamentario, chegamos cun empate inesperado polo que nos contaba Alfonso. Así chegamos á prórroga onde os lucenses mostraron maior efectividade (100-103).

Dende ás 19:00h estivemos atentos ao que facía o Dépor no Calderón. Pero todo se viu condicionado polo tempraneiro gol do Atlético no minuto 1 de partido anotado por Galleti. A partir de ahí, o equipo local marcou os tempos do partido, para xa na segunda parte, e por medio de Medio de Mista, marca-lo segundo gol, que sería definitivo (2-0).
E dende ás 21:00h a última función, dende o Reino de Navarra, onde Osasuna e Valencia empataron a un tanto, nun encontro con clara cor rojillo, ata que no tempo de desconto, apareceu o "Moro" para darlle un punto ao Valencia (1-1).
E así, remata outra fin de semana máis. Lembrade que o mércores temos cita có Celta na Uefa, e por suposto logo na fin de semana có GnG.Ata entón, que sexades felices. Saúdos de Racinguista e Gonzalo.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home