Galicia en goles

Blog que conta as miñas experiencias no programa "Galicia en goles" da Radio Galega

21 diciembre 2006

Programas 20/21 - 12 - 2006


Boas a tod@s: O ano chega ao seu fin, e GnG tamén. Remata un ano deportivo cheo de emocións, alegrías, tristuras, polémicas... pero xa haberá tempo para que cada un faga a súa propia reflexión. Mentres tanto quedamos có que nos deparou esta xornada.

Como sempre ahí vai a nosa proposta musical, non podería ser outra: Feliz navidad

Empezamos polo fútbol sala: onde o único resultado positivo foi o empate conquerido polo Celta f.s. en Móstoles, diante do PSG Móstoles (4-4). Por contra, o Azkar sucumbía no Pavillón Municipal dos deportes de Lugo fronte o Caja Segovia (3-7); o mesmo camiño seguía o Lobelle, ao perder en Murcia, diante do Pozo Murcia (4-2).




En Balonceto, o Breogán non traía tampouco un bó resultado da súa visita a Santander, ao perder fronte ao Alerta Cantabria (78-67).


Xa en Fútbol; dende Balaídos e coa narración de Xaime Escudeiro e os comentarios de Xurxo Otero, o Celta non pasaba do empate inicial perante a Real Sociedade (0-0). Calquera dos dous equipos puido levarse o partido, pero a falta de puntería os condenou a este empate sen goles.

A mala noticia, nos chegaba dende o Sánchez Pizjuán, alí Xaime Arias nos narraba a devacle do Dépor ante os do Nervión (4-0). Neste encontro Caparrós, volveu a sacar aos pesos pesados do vestiario, pero estes non están con él.


Outro que caía estrepitosamente, era o R. Madrid, no Bernabeu, ante o Recre (0-3).



Está máis que sabido, que se fóra por Capello, o R. Madrid xogaba sempre fóra, porque en casa ten que atacar, e ahí é cando o pasa mal.

Salientar que neste partido, pediuse un minuto de silencio polos tres siareiros do Recre, que viaxaban cara a Madrid, para seguir de preto ao seu conxunto.

Noutro orde de cousas, salientar tamén a dimisíón "de mutuo acordo" entre Jabo Irureta e o Betis. Lembremos que o Betis segue en liga (cun partido menos) e na copa do rei. Según verbas do xa, ex-adestrador do Betis, "tomou a decisión porque se perdeu a confianza".


O Xoves non houbo GnG pero sí que houbo fútbol de 1ª División. No Nou Camp pechaban o ano o Barça e o Atlético de Madrid. Os culés acusaron a súa viaxe a terras niponas e diso aproveitouse o Atlético, que sacou un empate que lle serve aos colchoeiros para come-lo turrón en postos de "champions".


Dicir que na peña quinielística de GnG, Racinguista e Tordoia, poden come-lo turrón tranquilos, xa que van de líderes con 18 Ptos. Para máis información podedes consulta-lo blog da peña.

Lembrar que o 28, en Riazor, temos unha cita coa Selección galega que xoga contra ecuador.

E con isto remata o último GnG do ano. Por nós de momento nada máis, desexarvos unhas Felices Festas, e emprazarvos de novo a tod@s para o Sábado 6, que voltará GnG, ata entón:

Bo nadal e Feliz 2007!!!!! Saúdos de Racinguista e Gonzalo.