Programas 21/22 - 10 - 2006 e entrevista a Tordoya
Que emoción de fin de semana... entre Alonso e o derbi, a fin de semana pasoume sen darme nin conta.
Recibimos a visita dun Madridista (agora Deportivista, espero) Arbeloa, e dun Barcelonista (Galego, que nunca deixará de selo) Amador, o gran porteiro de Madrid e Barça.

Os dous resultaron ser uns cachondos mentais e gozamos con eles coma nunca da retransmisión do derbi por parte de Andres Vieites..
A outra visita que recibimos en Galicia en goles foi a do gran porteiro do Deportivo, o israelí Dudu Aouate.. moi agradable e teño que dicilo, moi admirado por todalas compañeiras que había nese momento na radio :)

Vale, vale, non me enrollo mais.. deixovos con como se viu Galicia en goles desde o chat #Galiciaengoles do IRC hispano, con Gonzalo e Racinguista.
Boas a tod@s , comeza a fin de semana do clásico, pero que ten moitas frontes abertas en diferentes deportes e lugares.
GnG comezou o sábado a toda marcha cos partidos do Rácing de Ferrol fronte ao Raio Vallecano. Antes do encontro algúns afeccionados -como RACINGUISTA- pedían solucións ao mal momento dos departamentais. O noso amigo do chat quería que voltasen os Veiga polo Nadal... XDDD
Na Malata o panorama cambiou e os verdes gañaron ao Raio Vallecano (2-0), un histórico do fútbol español, con Lamatina como protagonista do encontro (nas fotos sacamos o autobus do Raio, por cortesía de RACINGUISTA, o enviado especial da Peña na Malata. Ao lado sae Lamatina o protagonista do encontro). Mentres a mesma hora producíase a sorpresa no Mundo do Fútbol, cantada por Gonzalo Soto. O fabril foi vapuleado polo Vilalonga (0-5) deixando un marcador sorprendente na 3ª Galega.
Neste sábado de GnG tivemos baloncesto por todos lados. O Maese Pardo cantounos dende o Pazo a vitoria do Breogán ante o La Palma (74-58). Tamén o COB na LEB 2 tumbou ao Axarquía (77-59). E na Liga feminina gañou o Celta VigoUrban ao Zaragoza (70-66) que estaba invicto ata hoxe e o Extrugasa non errou na casa ante o León (81-66). O Lugo non puido rematar o pleno galego tras perder ante o Gran Canaria (80-62).

E alá polas sete, comezaban os adestramentos de F1 en Brasil. En GnG fíxose unha pequena porra entre Xenaro Díaz, Toni López, Xoán Galán e Carlos Reboreda. Todos apostaban por Schumacher na pole position pero só Reboreda deu co que fixo o mellor tempo do día Felipe Massa (bonito mono o que levaba o rapaz por certo).
Tamén hoxe en GnG xogaron os catro equipos galegos de balonmán. A cara da xornada foi para o Cangas que venceu no Gatañal ao Huesca (33-30). O Pilotes logrou sacar un empate da cancha do Artepref (26-26). A cruz representouna o OAR da Coruña que perdeu na casa ante o Alcobendas (26-28) e o Teucro de Pontevedra na súa visita ao pabillón do Pozobranco (31-29).

Este foi un mal día para os equipos galegos de volley. O Vigo Valery Karpin caeu derrotado en Granada (3-0) mentres que as rapazas do Ribeira Sacra perderon na súa visita a Albacete (3-0). En hockey o Vigo Stick tamén perdeu ante o Vic (5-2), pero a nota positiva da xornada a puxo o Liceo gañando na súa visita a Lleida (2-4).

Mentres ocorría isto en GnG e no chat reimos a escacho coa publicidade. Para comezar Reboreda confundiu Viveiro con Narón e pouco despois Toni López adiantouse a Ana Varela cando tocaba dicir aquilo de Asogaaaaaaaaaaaaaal (XDDD).
As oito comezaron os encontros de primeira división narrados por Andrés Vieites. No derbi levantino Vilarreal e Levante repartíronse os puntos e o aburrimento (1-1). Mentres, na Romareda, Diego Milito tumbaba ao Betis de Irureta e metía ao Zaragoza en Champions (2-1).

Resumen Ole Real Zaragoza vs Real Betis 21-10-2006
E senón vos chegaba con isto, as nove comezou o prato forte da xornada co Deportivo-Atlético. No chat despertou grande expectación este encontro, fixemos a porra e tamén pronosticamos sobre a cor das luvas do Kun Agüero; hoxe eran negras pero dende o chat propoñemos que sexan verdes por aquilo de "Verde que te quero Verde".
E no que foi o partido o baby-depor aproveitou ao máximo as súas ocasións e levouse o encontro cun gol de Arizmendi despois dunha gran falta sacada por Verdú (1-0). Con esta vitoria os branquiazuis colócanse segundos tralo Barça de Ronaldinho.

JOR 07 - Deportivo 1-0 Atleti 0
E con isto remata este longo sábado que en GnG rematou as doce e media polos protagonistas de Riazor. Mañán será un día axetreado en GnG con atención especial ao encontro do Celta, a carreira de Brasil e ao clásico do fútbol español.
E así chegamos ao domingo, un domingo que comezou co fútbol sala. Pola mañán o Lobelle deunos unha alegría vencendo en Santiago ao Playas de Castellón (5-4). Cerca de alí en Vigo, o Vigo F.S. perdeu nas Trabesas ante o Barcelona (3-4).

Tamén pola mañá o Celta B e o Pontevedra xogaban na 2ª B. O filial céltico venceu en Barreiro ao Universidade das Palmas (1-0). O Pontevedra pola súa banda sacou un punto na súa visita a Lanzarote.

E pola tarde comezou GnG. Dende as 5 da tarde vivimos o primeiro prato forte da tarde. Escudeiro contounos a vitoria do Celta en San Mamés cun gran Pinto que salvou ao equipo olívico na recta final (0-1).

Athletic Club Bilbao - Celta de Vigo
Mentres isto ocorría en Bilbao, o Lugo empataba no Anxo Carro ante o San Sebastián dos Reis (1-1). A verdade é que os da cidade das murallas tiveron moi mala sorte e viron como os visitantes lograban o empate nos últimos minutos. Á mesma hora o Ourense era vapuleado, en Madrid, polo Atlético de Madrid B (4-0).
E as sete comezou a carreira de Alonso. E pouco despois de comezar pinchazo de Schumacher que Reboreda aproveitou para deixarnos outra frase de campionato no chat "Quen me dera poder dar unha volta nun 512 BB, ir de Viveiro a Vigo pola AP 9, que levantaran as peaxes e me retiraran o carné de por vida". XDDD...
Na carreira Alonso foi terceiro e bastoulle para conseguir o seu segundo título de campión do mundo. Renault tamén levouse o título de constructores. ¡Felicidades campión!.

E no clásico o Real Madrid gañou ao Barça (2-0) e vengouse da derrota por 0-3 do ano pasado. Os de Capello xogaron moi ben e segundo a nosa humilde opinión mereceron gañar.

JOR 07 - Real Madrid 2-0 Barça
E así rematou a fin de semana, vivimos moitas emocións en GnG; pero isto non remata aquí. A semana que vén máis e mellor. Que desfrutedes dunha boa semana.
Saúdos de Gonzalo e Racinguista.
Entrevista no chat a Tordoya
Esta tarde no chat de GnG entrevistamos a tordoyaenparis. O noso amigo Dani leva dende o primeiro día no chat. Non nos quere desvelar a súa edade pero di que está entre 25 e 30 anos. Natural de Tordoia, vive en París por motivos de traballo. Deportivista dende pequeno gústanlle tódolos deportes, pero en especial o fútbol, o basket e o ciclismo. Boas tardes Dani, benvido ao chat e espero que o pases ben na entrevista. Comezamos esta charla preguntando por varias cuestións sobre ti que temos todos:
Pregunta enviada por galifar-> Tordoia, ¿como fas para seguir os partidos dos equipos galegos?.
tordoyaenparis ¦ Para velos,utilizo as televisións chinas e para escoitalos, escoito a Radio Galega pero miro tamén os xornais deportivos por internet (non vou decir nomes pero xa os coñecedes todos).
Pregunta enviado por RG-> ¿Como chegaches de Tordoia a París?.
tordoyaenparis ¦ Estudei filoloxia francesa pero déronme unha beca para traballar como asistente de lengua española e despois, propuxéronme un traballo na administración dun instituto en París.
Pregunta enviada por kpasajou-> ¿Por que cambiaches de nick dúas veces en tan pouco tempo?.
tordoyaenparis ¦ Porque xa non me lembro das contraseñas dos outros XDDD
Pregunta enviada por RACINGUISTA.-> ¿Porqué sempre estás pedindo?.
tordoyaenparis ¦ As entradas as pido porque non podo vir os partidos, e as camisetas ¿a quen non lle gusta te-las?...
E agora veñen as que tocan a cuestion do @:
Pregunta enviada por RACINGUISTA-> ¿Porqué non lle pides a @ a RG?.
tordoyaenparis ¦ Xa llo pedin.
Pregunta enviada por RACINGUISTA-> ¿Porqué non lle pides a @ a RACINGUISTA?.
tordoyaenparis ¦ Xa llo pedin.
Pregunta enviada por RACINGUISTA-> ¿Porqué non lle pides a @ a gzalo_?.
tordoyaenparis ¦ Xa llo pedin pero él díxome que non mo podia dar, tiña que mo dar rg. él xa mo daria si fora por él.
Pregunta enviada por todos-> ¿Porqué pensas que non che queren dar o @ no canal?.
tordoyaenparis ¦ por que son malo que non axudo no blog, etc...
Pregunta enviada por RACINGUISTA-> ¿Qué cres que vas ter có @, máis "poder" que agora ou qué?.
tordoyaenparis ¦ A min o poder dame igual pero estando nunha peña penso que teño dereito a un @
Pregunta enviada por RACINGUISTA-> ¿Pensas que porque non se che da o @ se te ten manía?.
tordoyaenparis ¦ Non creo, pero o que non entendo, é o porque desa negativa, por que como estamos nunha peña ( e supoño que estou nela…),teremos dereito a ter todos un. parece que estamos un debaixo doutros.
Pregunta enviada por todos-> Como consolo xa que a ti non cha dan, ¿quedarias contento se aos demais no-la quitan?.
tordoyaenparis ¦ Si, si rg di que os merece , non sei porque llos quitarian
Pasemos as preguntas sobre o fútbol
Pregunta enviado por gzalo_-> ¿Cal foi o mellor momento e o peor momento que viviches có Deportivo?.
tordoyaenparis ¦ O mellor momento a liga. Non puiden ir a Coruña por que estudiaba e tiña exames en Santiago, pero chorei de carallo. outro momento bo, a liga con Bebeto, Mauro, Djukic, etc... o peor, cando o penalti de Djukic e tamén a semifinal có Oporto!
Pregunta enviada por RG->¿Qué liga che parece mellor a francesa ou a española?
tordoyaenparis ¦ A española con diferencia. Aquí hai partidos que non valen a pena ni miralos; aquí so vale o lyon, os outros a maioría son equipos de primeira da liga española (pero dos malos) e os outros de segunda división española
Pregunta enviada por gzalo_-> ¿Ves algún equipo español a altura do Barça?.
tordoyaenparis ¦ Eu creo que hai dous, que é o Valencia e o Madrid, tamén se podería falar do Atlético porque ten bo equipo e bo adestrador.
Pregunta enviada por gzalo_ -> ¿Cómo ves ao Celta e ao Depor esta campaña? ¿Qué postos pensas que poden acadar?.
tordoyaenparis ¦ o celta,sorpréndeme por que lle gañou ao valencia, que é un dos favoritos para a liga. o depor creo que pode ir ben nesta liga, penso que irá a uefa. o celta ten un problema non ten unha plantilla ampla para xogar a uefa, a liga e a copa; entón,o celta á intertoto
Pregunta enviada por gzalo_-> ¿Quen gañará a liga francesa?.
tordoyaenparis ¦ A min gustariame que a gañara o Nantes, por que encántame este equipo. ten un bo filial, pero a gaña o Lyon, facil.
Pregunta enviada por gzalo_-> ¿Qué equipo pode dar a sorpresa este ano en España, é dicir, ser o equipo revelación?.
tordoyaenparis ¦ O depor. porque todo dios di que non ten un equipo para estar nos cinco primeiros.
Pregunta enviado por gzalo_-> ¿Cal é o teu xogador favorito do Depor de tódolos tempos?.
tordoyaenparis ¦ Bebeto. o xogador que foi un dos mellores delanteiros da liga
A pregunta típica é sempre un peli, un actor e unha canción. Aquí en GnG preguntámosche: Un equipo, unha afección, un xogador e un gol.
tordoyaenparis ¦ un equipo: o Depor, unha afección: a do Atlético por que estando en segunda, a xente ía ver o equipo, un xogador: Djalminha e o gol un pase de non sei quen que colle Djalminha que marca contra o celta (perona gzalo)
Pasemos a temas máis tranquilos, vaiamos có Hattrick
Pregunta enviada por kpasajou-> ¿Porqué tes un equipo tan leñeiro en ht?.
tordoyaenparis ¦ Porque son malos.
Pregunta enviada por gzalo_-> ¿En qué posto do Ht-GnG pensas quedar?.
tordoyaenparis ¦ Cuarto é decir, semifinales e perdela contra ti, gzalo.
Pregunta enviada por kpasajou-> ¿Como fixeches para ter 2 equipos?.
tordoyaenparis ¦ Eu pedinos e déronmos. Agora estou cós dous.
Pregunta enviada por kpasajou-> ¿E non te pillaron?. Porque so se pode ter un
tordoyaenparis ¦ Non me pillaron.
Pregunta enviada por gzalo_-> ¿Cómo ves o formato do II Trofeo HT-GnG?.
tordoyaenparis ¦ Está ben pero estaría mellor se houbera máis equipos; é decir, unha liga de 12 ou máis
Pregunta enviada por gzalo_-> ¿Qué personaxe de GnG pensas que debería patrocinar o III Trofeo?
tordoyaenparis ¦ Reboreda.
Pregunta enviada por RACINGUISTA-> ¿Qué equipo do Ht-GnG pensas que é máis forte?.
tordoyaenparis ¦ O de gzalo.
Pregunta enviada por brea-> ¿Cómo che sentou a derrota contra min por 4-1?.
tordoyaenparis ¦ XDDD mal; porque tiña que perder de dous e perdin de tres.
Pregunta enviada por brea-> ¿Pensas que podes pasar ás semis?.
tordoyaenparis ¦ Si e si quedo eliminado, o ano que ven collo o outro equipo.
Pregunta enviada por gzalo_-> Despois da xornada de hoxe. ¿Cómo ves os ascensos de Silveira e Areas a division VIII?.
tordoyaenparis ¦ Ti pasas, non creo que pase o RACINGUISTA
Pregunta enviada por brea-> ¿Qué pensas do Spartak de Portorroibo?.
tordoyaenparis ¦ Que perdendo conmigo 3-1 na miña casa, debe ser ben malo.
Pregunta enviada por kpasajou-> ¿Qué pensas do Inter de Marraxon?.
tordoyaenparis ¦ É bo equipo porque está mellor ca min, pero é inferior ao areas e ao silveira.
tordoyaenparis ¦ hai moita diferencia entre os dous primeiros e os outros. é o madrid e o barcelona da liga española e os outros son o español, etc..
Vaimos coa parte final da entrevista, falaremos dos blogs, do programa e do chat.
Pregunta enviada por RACINGUISTA-> ¿Que pensas da xente do chat?.
tordoyaenparis ¦ Son boas persoas todos pero falan moito do hattrick e pouco do deporte galego e cando falan do deporte galego, so falan do fútbol.¿Non hai outros deportes en galicia?.
Pregunta enviada por gzalo_-> ¿Qué che parece o formato de GnG, coa publicidade e todo iso?.
tordoyaenparis ¦ A miña moza rise moito da publicidade da Radio Galega (o de galifar, o de viveiro!!!) tamén ríome eu, sobre todo cando fala Reboreda na publicidade
Pregunta enviada por gzalo_->¿Que che parece o blog dos Veigas?.
tordoyaenparis ¦ Está ben, pero non está precisado que son un contribuidor do blog, por que fixen algo creo, non?.
Pregunta enviada por gzalo_-> ¿Gústache o método que temos para meter a quiniela?.
tordoyaenparis ¦ Si, pero eu pensaba outro; todo dios fai toda a quiniela e despois faise unha media dos resultados:é decir, si todo dios pon madrid-barcelona 1, ponse un 1, pero así non se podería facer unha clasificación dos membros de GnG
Pregunta enviada por gzalo_-> ¿Que che parece esta idea de facer entrevistas?. E se vai ter futuro.
tordoyaenparis ¦ Esta ben, pero bueno cando se acabe todos ¿a quen entrevistamos?. Estaria ben si se podería entrevistar xogadores, ou adrestradores
Pregunta enviada por RACINGUISTA->¿Que pensas que estemos sempre a buscar novas ideas ou iniciativas, para darlle vida ao chat ou aos nosos blogs? ¿e porque?.
tordoyaenparis ¦ Que está ben, porque senón habería ideas, non haberia o chat de gng, so falariamos de futbol pero así falamos da quiniela, do hattrick, dos @.etc.....
Pregunta enviada por gzalo_-> ¿Qué che parece esta experiencia no chat?.
tordoyaenparis ¦ Está ben por que falamos dun tema que nos gusta que é o deporte galego.
Pregunta enviada por gzalo_-> Define as seguintes persoas do chat-> gzalo_, RACINGUISTA, Rebordea, kpasajou, brea.
tordoyaenparis ¦ bueno,decia:gzalo: un tio moi bo, sereno que lle interesa o deporte galego á súa idade. RACINGUISTA un fanático do Rácing que penso que daria a sua vida por ese equipo. Rebordea un tio que fala ben pero que me pregunto que fara durante a semana. kpasajou é un tio bo non teño nada contra él e o brea tamén.
imos coas dúbidas que acaban de chegar agora mesmo para rematar:
Pregunta enviada por kpasajou-> É impresión miña, ou é que tes moi mala leite.
tordoyaenparis ¦ Eu? non oh bueno, con algúns alumnos que non sei o que fan nun instituto, si era mellor que quedaran na casa
Pregunta enviada por galifar-> Qué rapazas son mais "guapas", ¿as francesas ou as galegas?.
tordoyaenparis ¦ As galegas.
Pregunta enviada por kpasajou-> A moza ¿é galega ou francesa?.
tordoyaenparis ¦ francesa, pero é de cerca da Gudiña.
Pregunta enviada por kpasajou-> ¿Non che gustaria voltar a España?.
tordoyaenparis ¦ Bueno, aquí estou ben. gañome ben a vida e está ben
E para rematar a pregunta de sempre-> Gañador da Liga, Gañador da Champions. Gañador da Uefa, Gañador da Quiniela de GnG e Gañador do II Trofeo HT-GnG.
tordoyaenparis ¦ Liga: Barça, champions: Chelsea, Uefa: o equipo ingles, quiniela: eu trofeo: gzalo
Dicir que esta sección voltará ao chat de GnG cunha entrevista a Kpasajou. As preguntas mandádellas por priv. a Racinguista ou deixando un comment no blog de Reboreda onde despois colgaremos esta. Saúdos

