Programas 14/15 - 10 - 2006

Houbo moitos detalles ao longo de Galicia en goles que de seguro que captaron Racinguista e Gonzalo no chat de Galicia en goles, así que lles deixo o teclado a eles para que vos conten como foi o programa.. Un saúdo a todos... e feliz semana
Carlos Reboreda
Boas a tod@s unha fin de semán máis no que xa estamos a mediados de Outubro, case ás portas do nadal... e falando do nadal, ¿non escoitastes que o calvo ese da lotería se "xubilou"?. Agora están buscando novas propostas; así que nós unímonos á causa e aquí poñemos a nosa. Agardamos vos guste.

Pero antes de meternos no que deu de si a xornada, faremos un comentario acerca da victoria o pasado Mércores do combinado Nacional no amistoso en Murcia fronte a Arxentina (2-1). Foi unha victoria moral para calar -polo de agora- as voces disonantes no "tema Luis Aragonés".
Seleccion Española - A por ellos oe oe! xD
Agora sí, imos ao que foi a xornada:
Para iso ás seis e media nos trasladamos ao Couto, onde os locais lle deron unha alegría a súa afección -entre eles, o noso compañeiro do chat galifar o cal era moi pesimista- gañándolle ao Leganés (2-1).

No que se refire ao fútbol sala, O Lobelle empatou en casa co Barcelona (3-3), o mesmo que facía o Celta na súa visita a Zaragoza fronte ao DKV (6-6).

A cara da moeda, vivímola no Balonmán, onde os nosos representantes gañaron os seus respectivos partidos:
O Frigoríficos gañaba a domicilio na súa visita a Tenerife diante do Tres de maio (25-27); por idéntico marcador, pero en Barakaldo, gañaba o OAR (25-27); nas Travesas o Pilotes seguía o mesmo camiño contra o Covadonga (37-22); e para rematar esta boa xornada, o Teucro tamén gañou diante do Sabadell (37-25).

Mentres que a cruz, foi parar nesta ocasión ao Volley. O Valery Karpin perdía en casa contra o Arukasur (0-3). O mesmo resultado que obtiveron as rapazas do Ribeira Sacra fronte ao Universitario Valencia (0-3).

No que respecta ao Hockey, non nos podemos queixar. O Liceo gañaba ao Igualada (3-2) e o Vigo Stick asinaba un empate contra o Noia (0-0).

Dicir que hoxe, no chat non houbo entrevista -deixandoa para o vindeiro fin de semana- porque tiñamos moi mala conexión.
E así, entre fútbol de 2ªB e terceira, fútbol sala, balonmán, volley, hockei... chegamos aos partidos de Primeira División.

Ao remate deste partido e antes de que empezara o partido da xornada, fixemos a quiniela con Toni Ardá, Adestrador do Negreira para o blog da peña.
E para rematar este Sábado tan deportivo, estivemos no Vicente Calderón na victoria dos colchoneiros fronte ao Recreativo (2-1); coa narración de Raúl Villares (o cal foi pai dunha nena que xa é socia do Rácing... será de tanto escoitar eso de "verde que te quero verde"... XDDD) e os comentarios de Toni Ardá.
Non se pode negar, que a fichaxe estrela dos atléticos (O Kun Agüero) lles "botou unha man" para gañar o encontro... XDDD

Atletico Madrid - Recreativo Highlights
O Domingo, a xornada comezou ás once e media co Celta B en Lanzarote, onde sacou un puntiño (1-1) e o Lugo en Alcorcón onde perdeu os tres (2-0).

Dúas horas máis tarde e en fútbol sala o Azkar Lugo vencía ao Cartaxena (6-4). Esta vez os locais si que saíron Asogaaaaal... XDDD

Xa ás cinco empezaron os partidos:
Na segunda B, os resultados foron distintos para os intereses dos Galegos. O Pontevedra gañou en Pasarón comodamente ao Santander B (2-0). Mentres que ao Rácing lle remontaron nos últimos minutos en Madrid, contra o San Sebastián dos Reis (4-3). Este último encontro os do chat estabamolo a seguir por internet, xa que o botaba Telemadrid.

En Primeira, estabamos atentos ao que nos contaba Xaime Escudeiro desde Vigo. Afortunadamente os de Vázquez sorprenderon ao Valencia nun moi completo partido dos celestes (3-2).

Celta 3-2 Valencia
A partir das sete e media, estivemos en Burgos co Breogán, e coa narración do Maesse Pardo. O equipo lucense perdeu (100-94).

De volta ao fútbol e xa ás oito xogaba o líder contra o Sevilla. Os cataláns seguen sen notar a ausencia de Etoó; gañaron cun espectacular Ronaldinho que galifou dúas veces calando a boca a todos acerca do seu estado de forma (3-1).

Aquí o temos en primeiro plano - como diría Reboreda - Coas mans erguidas e patrocinando a Unicef... XDDD
A xornada rematou co partido do Lopera Stadium, entre o Deportivo e o Betis. Coma sempre, fixemos "a porra", e cos problemas de son que había, Gonzalo Soto entedeu que se fóra á porra... XDDD. Para neste partido contamos coa narración de Xaime Arias, Gonzalo Soto e os comentarios de Xavier Oreiro e o Mestre Traba... Vaia plantel de luxo. Neste encontro os Deportivistas non pasaron do empate e gracias, porque os locais lanzaron uns cantos balón ao pao, aínda que empataron no desconto e de penalti (1-1).

E co sabor agridoce do Lopera Stadium marchamos ata a vindeira semana. Onde como sempre tentaremos de superarnos. Saúdos de Racinguista e Gonzalo. Feliz semana.

