Posta ao día
¡Ola a todos!
en primeiro lugar, quero desculparme por non ter actualizado o blog como fixen durante a pasada temporada, pero por circunstanciais persoais non tiven nin o tempo, nin a conexión a internet necesaria para poder actualizar cada un dos programas que facemos de Galicia en goles.
En segundo lugar, anúnciovos que a partir desta fin de semana, o blog vai volver estar actualizado grazas á inestimable colaboración de dous amigos do chat #galiciaengoles do IRC Hispano a quen lles amoso a miña gratitude desde agora mesmo: o amigo Racinguista....

e o amigo _gzalo.... tamén coñecido coma "Pepito piscinas"

que se ofreceron a botarme unha man nas actualizacións do blog.
Así que ides notar algúns cambios, xa que ainda que eu vou seguir escribindo no blog, agora abro a porta a visións novas do programa: as dos ointes; a visión que teñan eles de Galicia en goles, e incluso as dos participantes do chat que queiran aportar algo no blog a traves deles.
E dito isto, vou facer un pouco de historia dos aconteceres das últimas semanas, desde que acabou Galicia en goles a temporada pasada e o comezo da liga 2006-2007.
En primeiro lugar, dicir que nos Play Off de ascenso do ano pasado, houbo un sábado -0 17 de xuño- que por calendario, nos quedamos sen partidos para ese dia, polo que nos inventamos un magazine "alternativo" a Galicia en goles, chamado "Galicia en soles", xa que o verán estaba facéndose notar.. ese dia démoslle vacacións ao noso director, Xoan Galán, e tocoume presentar e dirixir un looooongo programa de 6 horas, que grazas á "divina" Ana Varela, converteuse nunha gozada... falamos dun montón de cousas, entre elas, do concerto de Shakira na Coruña, que fora xusto a noite anterior.

A nosa compañeira da TVG ,Angela Ramallo fíxonos unha crónica fantástica...

e de paso, deixounos unhas fotos do evento..
Tamén entrevistamos a outro compañeiro da TVG, David Amor, que o vistes este veran en "Supermaster" (si, antes estivera no "Supermartes", son cousas que pasan, produto da casualidade, supoño). Falamos da sua faceta artística e como non, da sua faceta deportiva, como gran xogador de balonmán que é. Lamentablemente non sei que pasou coas fotos que lle tirei, pero o certo é que se me escarrancharon todas :(
O programa tivo moita marcha, e o momento álxido, o climax, digamos, foi cando apareceron no estudio, as miñas queridas, Gloria Ferreiro, que a escoitastes durante todo o verán facendo as noites da Radio Galega e por suposto a puidestes e poderedes ver sobre o escenario, xa que Gloria é unha especie de Shirley Mclane Galega que lle da a todolos paus; Gloria veu falar da selección Española como "siareira da roxa"

e a miña querida María Xosé Rodríguez, directora de "Máis berberechos" (MX, este título de programa é moi pouco sério, téñocho dito máis dunha vez) como "antisiareira", xa que pensa que a "selección" é a de "Readers Digest" e que "Luis Aragonés" é o director dunha "agrupación folclórica Maña".

Como podedes ver, ao lado de María Xosé e Gloria, están Toni López e Alberto Freire, que fixeron un final de programa delirante, cunha sección adicada aos himnos dos diferentes mundiais.. acabamos todos cantando e escachados coa risa.. Moi divertido, foi un "Galicia en soles" que tardarei en esquecer, por que poucas veces se chega a montar un "cachondeo" en antena tan grande como o que se montou aquel día. Os culpables, Toni e Alberto, coma sempre.
Unha vez que remataron as liguiñas de ascenso, das que xa sabedes que o Lugo foi o único que conseguiu dalo salto á 2ª B, comezaron as miñas vacacións.. e como algúns recordaredes, Manolo Canabal e un servidor, comprometerámonos a dar "a la limón" o pregón da "festa da torilla de Laro". O Canabal desapareceu da faz da terra para aquel evento, e desde aquela, ¡¡non volveu aparecer pola radio!! Tranquilo Manolo, estás perdoado. E ademáis, non sabelo que perdiches.
Total, que dei o pregón eu só...

Un dos responsabeis do mogollón este da tortilla é un dos chateadores do chat #galiciaengoles, o amigo Felix, que emprega o nick "Ofelix".

Desde aquí doulle as grazas a Felix e a todolos amigos de Laro, que nos recibiron e trataron de marabilla. Unha aperta a todos.
Pero non pararon aí as festas, ¿eh? O equipo de Galicia en goles enteiro fixo paparota de confraternidade, para "facer equipo" antes do comezo da liga, eu teño claro a que hora comezou todo, pero acerca da hora de "retirada" ainda non se chegou a un consenso, xa que hai varios autores que debaten "datos encontrados". :)
Estas son parte das fotos da festa...
Dani Casares é o técnico de son que realiza Galicia en Goles, xunto a el, Xaime Arias, redactor da RG na Coruña, encargado de achegarnos toda a información relativa ao Deportivo; e Alfonso Pardo é.... Maese Pardo

¿Que lle estará "cotilleando" Paco Cereijo, responsable do control central á nosa produtora?

Paco Santos, que asina as retransmisións do Pontevedra e Rodrigo Pérez, que dirixe "Gas a fondo" e sempre nos narra algún partido da terceira en Galicia en goles..

"Maese Pardo" con Toni López.. Toni, xa sabedes que é invidente e que está facendo as suas prácticas de xornalista na Radio Galega; en moi poucos meses se fixo moi popular e querido por todos.

Toni outra vez, e Abraham, redactor de deportes da Radio Galega, que ten menos presenza en Galicia en goles, pero que escoitades habitualmente durante a semana.

Pedro Pablo Alonso... ¿que vou dicir del? Que me cae xenial.. como a todo o mundo. E un cachondo mental, e onde está el, sempre hai bo rollo. Ah, á parte de ser como é, traballa man a man con Xaime Escudeiro na redacción de deportes da Radio Galega en Vigo.

Terio é o noso xefe de deportes, coñecedelo da TVG e como habitual comentarista de Galicia en goles durante os últimos anos; xunto a el está Ana Varela, a nosa produtora, e Dani Casares, o noso super técnico.

Con Terio Carrera como presentador, cos ciclistas David Blanco -gañador da volta ciclista a Portugal deste ano- no estudio e Marcos Serrano por teléfono, e con Pepe Xagarós, xornalista deportivo de Faro de Vigo, demos as etapas máis salientables da Volta ciclista a España. Non coñecía a David... un gran tipo.. retranqueiro coma poucos e xunto a Marcos, deu un enfoque ás retransmisións absolutamente profesional e demoledor. Hai dous ciclismos.. o que vemos os afeccionados, e o que ven estes homes. Pasamos grandes momentos xunto a David no estudio. Aquí un amigo.

E así pasou a volta ciclista a España, o mundial de baloncesto e de fútbol, os triunfos e as decepcións que vivimos na redacción de deportes da Radio Galega... e así pasou o verán e chega a liga.. o outono.. e volta a empezar...
Non vou facer resumo dos programas anteriores... simplemente vou comentar a visita de Josito, xogador do Negreira, que veu ao programa a entregarlle a Toni unha camistea sua...

e a visita dos compañeiros que se achegaron á casa da radio para retransmitir os partidos dos sábados; en primeiro lugar, Xaime Escudeiro, o habitual dos partidos do Celta...

e en segundo lugar, o outro Xaime, Xaime Arias, que como sabedes, é a voz que nos achega os partidos do deportivo..

Onte acompañounos Chus Baleato, o adestrador do Santa Comba, pero da sua visita ao programa e do resto da xornada, xa vos contaremos, os novos redactores do blog e un servidor, na seguinte entrada.
Feliz fin de semana a todos..