Actualización 08/09 - 04 - 2006
A verdade que entre vacacións, pitos e frautas, tiña o blog atrasadísimo, e quedoume pendente o programa do pasado domingo 9, así que vou resumir brevemente as visitas que recibimos e pouco máis. Mañá incluirei nunha mesma entrada os programas de onte e hoxe, para así poñerme ao día-
En primeiro lugar, dicir que a semana pasada -creo que xa vos comentei algo- pedinlle a varios participantes do chat de #galiciaengoles que me botaran unha man para colaborar na administración do chat; eu non teño demasiado tempo durante o programa e para que un chat funcione como é debido, é precisa a figura dun operador que poña orde cando hai algún "desfase", cousa que non sucede moi a miudo, por que gozamos dun excepcional "bo rollo" no chat, pero "para cando salta unha chispa é preferible ter unha regadeira a man, que despois ter que chamar os bombeiros". Estes operadores son McGyver77, KroW e gzalo.. participantes desde o primeiro dia no chat do programa. Boa xente, podedes ver "que pinta teñen" se botades un ollo un pouco máis abaixo no blog, na entrada "a peña de Galicia en goles". Teñen moita gana de facer cousas, e entre outras están a de crear un foro do programa, organizar algunha kedada e moitas máis historias; pero de momento, o que xa puxeron en marcha é a "peña quinielística Galicia en goles" que nace a raiz da petición de alguén no chat de que Matias Lequi, que nos visitou a semana pasada, fixera unha quiniela en directo.. podedes visitar o blog da peña premendo aquí.
Falando de Matias Lequi, a quen parece que o Celta xa ten amarrado para as próximas temporadas... que tipo máis "enrollao"; no programa visítannos un montón de futbolistas, cada un coa sua personalidade.. tímidos, arrogantes, vacilóns, sérios, en fin, de todo.. no caso de Lequi, é o clásico "gran colega", mira á cara cando fala, como bo Arxentino é de verbo fluido e segundo Ana Varela ten un sorriso e uns ollos "que quitan er zentio".

Con Lequi falamos de moitas cuestións referentes a el e ao Celta e acabamos facendo a quiniela desta semana axudado en algúns resultados de 2ª por Juanjo Vila, quen por certo, asegurou que "de momento non hai nada", en referencia á sua suposta incorporación a un clube de fútbol da segunda división Portuguesa. Contactos houbo, recoñeceu Juanjo.. pero tede por seguro que se algo houbese, habémovolo contar nos programas deportivos da Radio Galega. Non perdades a sintonía.

Tamén recibimos no programa ao home que converteu a situación agónica do Ourense nun estado triunfal, esta persoa non é outra que Manolo Tomé, o adestrador do clube deportivo Ourense. Un home serio en aparencia, pero afable e que desprende seguridade cando fala.

Tivemos un último invitado no programa, ainda que non participou no programa, xa que en realidade viña buscar a Juanjo, pero como é un home do fútbol Galego quero que o coñezades tamén. Estoume referindo a Rafa Vila, que é o segundo do Negreira..

E se lembrades, ao longo do programa os servizos informativos da Radio Galega fixeron acto de presenza para darnos conta da actualidade do empresario Galego secuestrado en Perú. O primeiro en aparecer no estudio 2 de Galicia en goles foi Xosé Luis Videla... deportivista ata a médula, por certo.

e para compensar, e para aportar máis datos e seguemento ao dito por Xosé Luis, apareceu un Celtista dos pes á cabeza: Xoan Docampo.

Non vou facer mención ao aspecto deportivo, por que unha semana despois, xa estades máis ca empapados en todo o que foi a xornada do pasado 9 de abril.
Onte o deportivo empataba co Sevilla, veremos que fan hoxe os celtistas no medio e medio da semana santa sevillana. E estaremos moi pendentes do que fagan Celta B e Negreira, que se xogan todo nestas últimas xornadas. Coa terceira división, que busca un ocupante para o cuarto posto da fase de ascenso, e os partidos máis interesantes da primeira división, completaremos o Galicia en goles de hoxe, no que vos esperamos a partir das catro da tarde na Radio Galega.
Onte o deportivo empataba co Sevilla, veremos que fan hoxe os celtistas no medio e medio da semana santa sevillana. E estaremos moi pendentes do que fagan Celta B e Negreira, que se xogan todo nestas últimas xornadas. Coa terceira división, que busca un ocupante para o cuarto posto da fase de ascenso, e os partidos máis interesantes da primeira división, completaremos o Galicia en goles de hoxe, no que vos esperamos a partir das catro da tarde na Radio Galega.
