Programas 08/09 - 04 - 2006
¡Que cantidade de xente houbo no chat #galiciaengoles no programa! Boa xente, ademáis. Cando creei o canal, pensaba que este canal tiña que ser non só unha vía de contacto co programa, senon unha especie de foro do deporte Galego, onde se deixasen atrás os revanchismos -que non o vacile- e se buscase a convivencia e o respeto -con vacile incluido- entre os distintos siareiros que confluen en #galiciaengoles. E este obxectivo vaise cumprindo pouco a pouco, e ainda que alguén entra de vez en cando a montar bronca, a tónica xeral e a do "talanting" cousa que me emociona profundamente.
Por outra banda, vexo que no BLOG esta tendo un montón de entradas, circunstancia que me deixa enormemente satisfeito.. así que, ¿que podo dicir? ¡Grazas a todos!
O programa de hoxe, comezaba ás seis en punto cun partido en xogo, o Deportivo B- Vilalonga, que puña aos Coruñeses máis líderes ainda e cun Racing de Ferrol que nos facía soñar a todos coa salvación do equipo... o mesmo soño que mantiña o Celta Vigo Urban da liga feminina de baloncesto na cancha do Ros Casares e mesmo a do universitario de Ferrol, no caso de que se amplie a liga feminina en dous equipos máis. O Cangas daba un paso mais no seu longo via crucis, neste caso, en Almeria.. e o Celta esperaba en Vigo ao Valencia, na loita pola champions.
Con este menú puxemos en marcha Galicia en goles. No estudio contabamos coa presenza de Michel Alonso, o que fora técnico do Val. Non coñecía en persoa a Michel Alonso e quedei realmente sorprendido. Pola sua voz, que teño oido tantas e tantas tardes con Raul Villares, na Malata, pensaba que se trataba dun home de moitos máis anos. Nada máis lonxe da realidade.

O racing xa vistes que non levantou cabeza, e non foi capaz de gañar ao Madrid B que contou cun xogador menos desde moi cedo... todo isto sucedía mentres perdian, Cangas, Celta Vigo Urban e Universitario de Ferrol os seus respectivos choques... e o Lobelle de Santiago lle gañaba ao Barcel Euro Puebla por catro goles a dous, segundo nos contaba en directo Roberto Carlos Carballo.

Bibiana Cabo tamén nos informaba do empate a cero do Azkar ante o Martorell, e mentres, as motos ruxian en Qatar e os coches en Córcega.. hoxe teredes toda esta información en "Gas a fondo", con Rodrigo Pérez, ás 14:30.. pero baste dicir que nas motos volvemos arrasar, coas victorias en 125 e 250 de Alvaro Bautistas e Jorge Lorenzo.. e que en Moto GP volveu gañar Rossi e que Dani Pedrosa quedou sexto, que non está nada mal, tendo en conta os problemas que tivo, que non foron poucos..

..e nos coches, Dani Sordo segue a sua progresión fantástica e era onte á tarde terceiro no Tour de Corse, un rally complicadísimo, que esixe moitas mans do noso señor.. notable sexto lugar de Xavi Pons, que onte, ao remate da segunda etapa era sexto; xa que Sordo xa visitou este BLOG, imos darlle cancha a Xavi.
Onte houbo papatoria en Galicia en goles, e é que Ana Varela fixo anos ao longo da semana, e para celebralo cos seus compañeiros trouxo un brazo de xitano feito por ela mesma que estaba de rechupete. ¡¡Que fagas moitos máis e que te conserves tan guapa e boa xente for ever and ever, Anaza Varelaza!!
¡¡Guapaa!! E ainda por riba, mirade que brazos de xitano fai...
E total, que todos nos puxemos "como o quico" e lle desexamos moita felicidade á nosa compi.. iso si, sempre nas pausas publicitarias.E así chegamos ao partido central do programa, o Celta-Valencia.. onte tiñamos a Xavier Oreiro en Balaidos con Xaime Escudeiro, xa que Xurxo Otero está gozando duns días libres. Manolo Canabal, coma sempre no estudio moi atento á pantalla do televisor. Entre ambos, fixeron os comentarios técnicos deste partido no que o Celta non foi quen de vencer a un Valencia que sabe moi ben a que xoga. Mágoa, pero isto é un xogo e os Valencianos foron mellores..

Total, que o programa, entre pitos e flautas acabou ás 12 e media, tralas rodas de prensa de Flores e Vázquez.. a ver se o Deportivo e o Negreira nos dan máis alegrias ca Racing e Celta onte. Oxalá.
Oímonos esta tarde.
Ola a todos...
hoxe foi un dia especialmente movido en Galicia en goles, pola cantidade de xentes do deporte que nos visitaron.. desde Matías Lequi a Manolo Tomé, adestrador do Ourense. Pero a actividade frenética chegou no chat do IRC hispano. Hoxe tomei moitas decisións que creo importantes á hora de administrar con criterio o canal, nomeando a tres operadores que teñen privilexios abondo para poder moderar #galiciaengoles como é debido.
Por outra parte, creei unha lista de correos, que espero que no futuro sirva para manternos en contacto a todos.. e incluso un foro de opinión, pero de todo isto xa vos falarei cando volva de vacacións, xa que mañá marcho durante uns días, e á volta, rematarei o resume deste Galicia en goles, do domingo 11 de Abril.
Lembrade que este xoves santo haberá Galicia en goles desde as 5 da tarde cos partidos pendentes da terceira división. Eu non estarei, pero espero que nos oiamos o vindeiro sábado.
Un saudo para todos e boa semana santa..
