Programas 18/19 - 03 - 2006
Escribo esta entrada do BLOG, mentres agardo pola carreira de F1 en Malaisia. Vai sono, pero confio en que Fernando faga unha gran carreira e sume puntos, as circunstancias dan para moito máis.
A xornada de onte tiña dous grandes atrativos fútbolísticos, en primeiro lugar o derbi en Pasarón entre o Pontevedra e o Negreira, partido que nos regalou 6 goles do equipo da ribeira do Lérez.
Por certo, se queredes visitar a web do Pontevedra, pica aquí. A verdade é que os xogadores Pontevedreses lles deron un auténtico baño aos do Negreira, segundo nos contaba Paco Santos, pero o Negreira ten que repoñerse deste partido e concentrarse no obxectivo que todos queremos, que non é outro que o de seguir xogando o ano que ven en 2ª B. Estiven buscando a web do Negreira, pero non a atopo, se a coñecedes, por favor, deixádeme unha nota para incluila.

Unha festa granate que os xogadores locais celebraron ata "seis veces seis".
Non foi a cousa tan ben para o Celta B. Os de Rafa Sáez non levantan cabeza e pouco a pouco van esgotando posibilidades de salvarse. Hai tempo, confiemos.

Gonzalo Alonso confirmounos que Goran Maric, o fillo do que fora gran xogador do Celta e do Compostela, foi o mellor dos "Celtas pequenos" en Barreiro.
Se queredes visitar a web do Celta B, atoparedes toda a información do filial celeste aquí.
Pero sen dúbida, o gran encontro da tarde, foi o que levou ao Deportivo da Coruña a Xetafe. Había dúbidas na parroquia Galega acerca do estado de ánimo do equipo tra-la eliminación da copa, e de feito, a medida que progresaba o partido, as sensacións non eran boas; pero Victor encargouse de poñer o choque a favor dos nosos, que pese ao empate do Xetafe, foron capaces de gañar o encontro grazas ao gol dun gran xogador: Xisco. O noso especialista, Xavier Oreiro, di que Xisco tén físico de gran xogador e onte demostrou que o é. Pero houbo outro gran protagonista, que para min foi determinante na victoria Deportivista, por que se importante é marcar goles, non menos importante é que non chos fagan; e ese foi o labor dun gran porteiro: Molina.

Molina é un tipo moi particular; cando nos visitou no estudio, hai unhas semanas, deime conta de que é unha persoa á que non lle gustan as entrevistas, non lle gusta especular e contesta escueto e directo. En definitiva, non quere "enredar". Un detalle físico que non me pasou inadvertido: as suas mans; son pequenas, moi pequenas.. xa sei que os porteiros levan lubas, pero non sei por que, sempre crin que debían ter mans grandes. En fin, cando menos en Molina, non é o caso.
Outros resultados que se deron na tarde foron os seguintes da terceira división: Bouzas 2 - Viveiro 0 e Narón 1 -Lalín 0
Pero sen dúbida foi o fútbol sala Galego o gran protagonista da tarde... gañou o Lobelle, gañou o Azkar e gañou o Barcel Euro Puebla. Unha gran tarde. Se picades enriba de Azkar ou Lobelle ou Barcel Euro Puebla, iredes ás suas páxinas oficiais.
Por certo, unha cousa mais... gustariame incluir no BLOG, fotografías de xogadores, partidos ou mesmo persoal do corpo técnico ou directivos de calquera equipo Galego de calquera actividade... pode ser futbol ou chave.. pode ser de terceira ou de escolares, o caso é darlle o seu momento de gloria en internet. Podedes enviar esas fotografías no formato que queirades a reboreda@gmail.com ou reboreda@crtvg.es cunha breve descrición da foto...
E nada mais.. hoxe deixo aquí a actualización do BLOG, que quero ver a carreira de F1 concentrado :)

Como xa vedes, hoxe domingo, por fin fun quen de subir as fotos do programa de onte. Houbo algún tipo de problema con blogger.com e non permitía subir arquivo ningún.
O día comezou moi cedo para algúns, que nos puxemos con Antonio Lobato e Fernando Alonso a pasar calor en Malaisia.. só por ver a saida que fixo Fernando paga a pena sair da cama a esas horas. Final soñado para Renault, e Fernando que suma oito puntiños máis.

Onte, era o día do pai; así que comezamos o programa acordándonos de todolos papás que nos escoitaban e que -polo que se coñece- onte non celebraron o día pai indo ao fútbol, por que a asistencia aos campos foi sensiblemente inferior a outras xornadas; os comentarios dos nosos compañeiros nos campos de fútbol de toda Galicia, confirmaban o que viamos nos monitores de circuito cerrado de Galicia en goles, que recibian as imaxes desde a Malata ás cinco e máis tarde desde Balaidos.
O Racing volveu perder todo o que lle custa tanto gañar.. O Nastic de Luis Cesar non é que fixera máis ca o Racing, pero despois de errar un penalti ao seu favor, marcou en xogada de saque desde o curruncho. Unha mágoa.

Pero no medio e medio das prévias dos partidos en Ferrol e nos campos de terceira de Galicia, recibimos a visita do Pontevedrés Carlos Pérez Rial, todo un campión do mundo de piraguismo K-1, que viña de desputar o campionato de España de inverno en Castrelo de Miño, no que o Breogan do Grove foi o gran vencedor da xornada ante o Kayak Tudense, demostrando unha vez máis que ao piraguismo Galego non hai quen lle poña a popa por diante.

Se queredes "empaparvos" un pouco máis co piraguismo, podedes visitar a páxina da federación galega de piraguismo picando no link.
E comezou a xornada, e chegaron os goles na terceira división Galega, onde destacaba os 5 goles que lle meteu o Lugo ao Céltiga; no Anxo Carro non lles daba tempo a celebrar un gol, cando xa chegaba outro. Este foi o noso partido da xornada, e coma sempre, estes eventos cubreos un xornalista de raza, que eu coñezo desde que alá por 1983 coincidimos nun proxecto radiofónico que se chamaba "Ondas Galicia". Estou falando do inefable Andrés Vietes.

Algún día heivos falar daqueles tempos, nos que Andrés e un sevidor retransmitiamos rallys desde cabinas telefónicas en Ponteareas. Outro día.
E a xornada desenvolvíase entre goles e "baskets" do Breogán, que lles demostraba aos cataláns que Lugo tamén existe.. e se non lles quedaba claro abondo, Alfonso Pardo repetiallo unha e outra vez na sua vibrante narración.
Vexo que chega Manuel Pablo polo corredor que conduce ao estudio de Galicia en goles. O bravo lateral deportivista non xogou o sábado en Xetafe, e falamos con el un pouquiño, ademais de traspasarlle algunhas das preguntas que nos faciades polo chat #galiciaengoles do IRC hispano. Un tipo simpático este Manuel Pablo; como ten a cabeza pelada, semella que ten máis anos, pero se te fixas ben, atopas a cara dun rapazolo.

É curioso como en ocasións se xuntan determinadas situacións nunha especie de reordenamento natural do caos... JAJAJAJA.. prometo que no café con leite non había nada mais ca café e leite, nin sequera sucre.. hai que ver que parto filosófico acabo de ter :) En fin, ao que me refiro é, que mentres Manuel Pablo estaba con nós, en Vigo partía a manifestación en apoio ao bo de Everton Giovanella, e xa sabedes que por desgraza, Everton e Manuel Pablo tiveron un desafortunado encontro en Riazor, que cortou a progresión deportiva do Canario.. e mentres esa manifestación se producía, no vestiario dos visitantes de Balaidos, vestiase de futbolista, Gurpegui, que ten con Giovanella ese contencioso para demostrar que eles non tomaron esas condenadas nandrolonas.

Desde aquí enviolle unha forte aperta a Giovanella, a quen espero poder ver de novo en Balaidos xogando ao fútbol, que é o que sabe e quere facer.
E onte o Celta, quixo, pero non puido... Clemente explicoulle moi ben aos leóns o que quería e saíulle á perfección: gol, replegue e leña a eito.

Total, que Celta e Dépor seguen optando a Europa... sería fantástico que se clasificasen os dous para Europa, pero todo pasa -coma sempre- polo que suceda na seguinte xornada; e esa é dentro de moi pouco: o vindeiro mércores, onde vos esperamos en Galicia en goles a partir das 19:30 horas.
Feliz semana a todos