Programas 04/05 - 03 - 2006
Teño que agradecervos a tódolos que visitastes o meu Blog neste primeiro día da sua existencia; e especialmente os vosos comentarios tan agarimosos, divertidos... bla, bla, bla, que me deixastes... ainda que moitos non os veredes publicados, por que despois de contestar en privado aos interesados, simplemente os borrei, para non enche-lo blog de gabas; iso sí, co consentimento dos autores, para que ninguén se sentise molesto, ¿eh?
O programa de onte, tivo moitos incidentes; por exemplo, o partido que se aprazou en Rioseco, a causa do temporal. Alberto Freire anunciou en directo en "Galicia en goles" que no minuto 25 do Narón-Cerceda, o señor Arís Arribas anunciaba a suspensión do partido a causa da chuvia. E é que semella que a auga arrastraba os banquiños dos xogadores, utilleiros e demáis persoal de banda. ¿Rioseco? (que contradición, ¿non?) Como moitos non coñeceredes ainda a Alberto Freire, publico unha foto que lle tirei hai uns días lendo clasificacións.

Tamén vivímo-la emoción do Real Madrid - Atlético de Madrid.. xa sabedes que nestes partidos nacionais nos que non hai equipos galegos implicados -e se non o sabedes, coméntovolo- facemos os comentarios desde o estudio, a través dun sinal que nos chega en circuito pechado desde o campo.
Onte veu face-la retransmisión do partido o meu querido Xaime Escudeiro; un crack. Xaime é o xornalista que cubre a actividade deportiva na zona de Vigo, e por suposto, quen segue ao RC Celta de Vigo por aquí e acolá. Xaime ten corazón Vigués e sangue azul (celeste, claro) e non podo esperar a escoita-lo esta tarde na retransmisión do Celta-Osasuna e oi-la súa voz timbrada cantando os goles dos nosos... espero poder tirarlle unha foto mellor no futuro, pero como son un desastriño, onte deixei a cámara no coche...
Conste que có que chovía cando cheguei á Radio Galega tampouco é de estrañar. Daquela Xaime, agardo que me desculpes e pronto "poses" para este humilde blog que como podes ver, estaba moi atento a tódolos persoeiros que entrevistaches. Tranquilo, non penso publica-la foto de cando entrevistabas a Lendoiro, non vaia ser que na Madroa cho boten en cara. Isto é broma, claro.. pero xa vos dixen de que cor ten Xaime o sangue :)
Onte veu face-la retransmisión do partido o meu querido Xaime Escudeiro; un crack. Xaime é o xornalista que cubre a actividade deportiva na zona de Vigo, e por suposto, quen segue ao RC Celta de Vigo por aquí e acolá. Xaime ten corazón Vigués e sangue azul (celeste, claro) e non podo esperar a escoita-lo esta tarde na retransmisión do Celta-Osasuna e oi-la súa voz timbrada cantando os goles dos nosos... espero poder tirarlle unha foto mellor no futuro, pero como son un desastriño, onte deixei a cámara no coche...
Conste que có que chovía cando cheguei á Radio Galega tampouco é de estrañar. Daquela Xaime, agardo que me desculpes e pronto "poses" para este humilde blog que como podes ver, estaba moi atento a tódolos persoeiros que entrevistaches. Tranquilo, non penso publica-la foto de cando entrevistabas a Lendoiro, non vaia ser que na Madroa cho boten en cara. Isto é broma, claro.. pero xa vos dixen de que cor ten Xaime o sangue :)Acompañou a Xaime Escudeiro na retransmisión do Bernabeu, o meu admirado Xavier Oreiro, habitual comentarista de Galicia en goles.

Xavier fai moitas cousas na vida. A primeira -teño que dici-lo- estar sempre moi pendente da súa familia; cando se retrasa un pouco no programa, sempre nos di que tivo que darlle a cea á súa nena, ou facer algunha cousa pola casa; como se soe dicir: "un padrazo" .. pero Xavier ademáis é avogado, de feito foi avogado da S.D. Compostela e está en activo desenvolvendo a súa profesión de xulgado en xulgado; pero a min dame que a súa auténtica paixón é o fútbol e apuntaría unha máis, que sen dúbida domina á perfección: a comunicación.
Cando Oreiro nos explica calquera xogada ou situación táctica, o fútbol faise fácil... o mesmo pasa con Traba, a quen agardo coñecer pronto e poder tirarlle unha foto para presentárvo-lo; pero centrándome en Xavier, tanta é a paixón que ten polo fútbol, que foi futbolista, pero sobre todo, adestrador, adestrando ao Negreira; din que todo o que deixou ali foron amigos. Non me estraña.
Onte, antes do partido entre o Barça e o Deportivo, tivemos un sensacional aperitivo: o Breogán-Canarias de baloncesto.. o chef que nolo serviu foi o gran mestre Alfonso Pardo acompañado de Bibiana Cabo, a quen ainda non coñezo persoalmente; espero que sexa pronto.

Por desgraza, o partido de onte, ademáis da vitoria do Barça -por que eu creo que non perdeu o deportivo, senón que gañou o Barça- vimos como Andrade se lesionaba de gravidade. Magoa por que ademáis de ser un gran xogador, tivemos a oportunidade de coñecelo en persoa cando nos visitou no programa, e pareceume un rapazolo moi agradable que nada tiña que ver coa imaxe do central sólido e implacable que é. Espero que te recuperes pronto, amigo.

En fin, que isto xa non da para máis... hai que prepararse para ir á Radio Galega outra vez e poñer en marcha o Galicia en goles de hoxe , domingo 5 de marzo. Con moitos de vos hei chatear no irc-hispano ao longo da tarde no chat #galiciaengoles.. aos outros, só vos podo agradecer ter chegado ata aquí abaixo neste blog :)
Unha aperta..
Comezou o Galicia en goles deste domingo ás catro da tarde, coma sempre.. e có Celta-Osasuna como a gran cita da xornada; tra-la presentación do programa, Xoan enseguida presentou a Cesar Cobián, que -como xa sabedes- é o médico do Deportivo. O doutor do equipo confirmounos a gravidade da lesión, que inevitablemente levaba a unha complexa operación do tendón rotuliano. Andrade perderá toda a temporada que queda, e por suposto, non vai poder participar no mundial.

Ninguén contaxia as emocións do parqué coma él. Un crack. ¡E ademáis gañou o Breogán! Xa choveu máis. Pouco a pouco, Alfonso.
E pouco a pouco achegámonos á gran cita da xornada: Barcelona-Deportivo.. Xaime Arias, que é o compañeiro que segue ao Deportivo a onde faga falla tiña o ton da voz das grandes citas. Xaime transmite paixón e sufrimento a pares; tódolos partidos teñen fases, e Xaime sabe meternos nesas sensacións que vivimos os siareiros cando estamos sentandos na grada. Desde o orgullo do gol e da vitoria á odiosa sensación de derrota, que rapidamente converte en esperanza -a do partido que ven-. Encántame escoitalo, e non podo agardar a oi-lo xunto a Xaime Escudeiro no derbi da segunda volta en Riazor entre Deportivo e Celta. Lamentablemente, a foto que tiña de Xaime Arias escachouse, non me preguntedes por que.. así que para a próxima, tirareille algunha máis.. din as compañeiras da radio que está moi ben, así que as interesadas (ou interesados) visitade o blog de cando en vez para cando publique a súa foto.
Por desgraza, o partido de onte, ademáis da vitoria do Barça -por que eu creo que non perdeu o deportivo, senón que gañou o Barça- vimos como Andrade se lesionaba de gravidade. Magoa por que ademáis de ser un gran xogador, tivemos a oportunidade de coñecelo en persoa cando nos visitou no programa, e pareceume un rapazolo moi agradable que nada tiña que ver coa imaxe do central sólido e implacable que é. Espero que te recuperes pronto, amigo.

En fin, que isto xa non da para máis... hai que prepararse para ir á Radio Galega outra vez e poñer en marcha o Galicia en goles de hoxe , domingo 5 de marzo. Con moitos de vos hei chatear no irc-hispano ao longo da tarde no chat #galiciaengoles.. aos outros, só vos podo agradecer ter chegado ata aquí abaixo neste blog :)
Unha aperta..
Comezou o Galicia en goles deste domingo ás catro da tarde, coma sempre.. e có Celta-Osasuna como a gran cita da xornada; tra-la presentación do programa, Xoan enseguida presentou a Cesar Cobián, que -como xa sabedes- é o médico do Deportivo. O doutor do equipo confirmounos a gravidade da lesión, que inevitablemente levaba a unha complexa operación do tendón rotuliano. Andrade perderá toda a temporada que queda, e por suposto, non vai poder participar no mundial.
Este Domingo, contabamos coma sempre coa participación de Roberto Carlos Carballo, un xornalista en maiúsculas. Non hai dato que se lle escape e vive o deporte a tope de revolucións.

Pero por desgraza, non foi Andrade a única grave lesión da xornada, na terceira división, no grupo galego, no campo do Sinde, Lois, o xogador do Céltiga tivo unha grave lesión no transcurso do partido O val-Céltiga. Gustaríame ter unha foto de Lois para poñe-la ilustrando este comentario, pero non atopei ningunha en internet. Se alguén ten algunha, quedaríalle moi agradecido. A estas alturas non sei ainda o alcance da lesión, pero se se confirma a tan tristemente famosa "triada", con 37 anos Lois vai ter que ter moita determinación para volver a xogar ao fútbol, pero se o xeonllo llo permite, por bravura do xogador non vai quedar. Estou seguro. ¡Ánimo, Lois!.
E chegaron as 5 da tarde, e Xaime Escudeiro cantou. ¡Vaia se cantou! Os dous goles do Celta colocaron aos homes de Fernando Vázquez nunha situación de privilexio para pelexar por algún posto europeo. Queda moito, claro... pero hai só un ano, o Celta xogaba contra o Xerez ou o Levante, e o que se está vivindo en Vigo é un soño que ninguén esperaba. Vouvos dar un dato que me enviou o meu querido amigo Xabier acerca dos números do RC Celta este ano:
Temporada 97/98 adestrando Irureta, que mete ao Celta na UEFA con 60 ptos. Os celestes gañaron 17 partidos e empataron 9.
Temporada 98/99 adestrando Victor Fernández, que tamén se mete en UEFA con 64 puntos, 17 partidos gañados e 13 empatados.
Temporada 02/03 adestrando Lotina, que mete ao Celta en champions con 61 puntos, 17 partidos gañados e 10 empatados.
Temporada actual adestrando Fernando Vázquez, quedan 12 xornadas e o Celta xa leva 14 vitorias.
Realmente, os números son incribles, e faga o que faga o Celta, a estas alturas xa fixo unha temporada impresionante. Parabéns aos Celtistas.
Por certo, esta comparativa proven dunha lista de correo de afeccionados ao Celta que podes visitar neste vínculo e alí unirte ás discusións ao redor da actualidade do Real Clube Celta.
Pero a xornada non quedou só na victoria do Celta, había moitos partidos de terceira división, p recisamente, recibimos no programa a visita dun adestrador dun equipo de terceira, do Cerceda, Manolo García, que comentou os partidos de primeira que tiñamos en monitores, o Sevilla-Athletic de Bilbao e o Málaga-Valencia. ¿Non coñecedes a Manolo? Aquí o tedes... 

Outro Manolo que tivemos, como en tantas outras ocasións foi Manolo Canabal.. Cantas tardes de gloria deu Manolo no Pontevedra e como nos alegraramos pola súa fichaxe cando foi ao Madrid. E aínda nos deu grandes tardes -pero moi grandes- no Málaga ou no Raio Vallecano. Unha lesión apartouno do fútbol antes do debido, e agora gozamos dos seus comentarios e da súa humanidade na Radio Galega. Que gran tipo este Canabal... en tódolos sentidos.

O dato estatístico máis sorprendente da xornada foi no partido Vilalonga-Alondras, onde o señor colexiado sacou 13 cartóns amarelos e un cartón vermello.
Por certo, estou comprobando que hai moita xente que visita o blog, que sen embargo non sabe como acceder ao chat de galicia en goles. Poderedes atopar información do sistema e dos programas necesarios para poder chatear con nós en directo nesta páxina
Oímonos este sábado. Unha aperta a todos..